lunes, 15 de junio de 2020

JOAN MIRÓ. GUÍA DE LECTURAS

AQUÍ TEMOS A GUÍA DE LECTURAS, DA BIBLIOTECA DE LEIRO, QUE FIXO A PROFE ÁNGELES SOBRE O PINTOR DAS ESTRELAS JOAN MIRÓ.

lunes, 8 de junio de 2020

Os Animais Máxicos de Brais


Aquí temos os traballos de Brais.
Como un Miró de pequeniño, pintóu os animais que máis lle gustan...




Debuxou o pitiño de amarelo,marrón e vermello... O peixe de azul e laranxa...


 Cantas obras!
 Grazas Brais por estos animais tan máxicos...



domingo, 7 de junio de 2020

CUMPREANOS DE IZAN

HOXE  ESTÁ DE CUMPREANOS IZAN
                                        CUMPRE 4 ANIÑOS.......

MOITAS FELICIDADES!!!!!!!!! 
 Izan  mandóunos as fotos coa súa familia, celebrando o seu aniversario.....
Que torta exquisita de amorodos!
Pola tarde volvéu a celebralo cos seus amigos. Para esta ocasión prepararon a torta que facemos na escola de galletas e chocolate que tanto nos gusta....

PARABÉNS PARA TI..........IZAN....
GRAZAS POR COMPARTIR AS FOTOS DA CELEBRACIÓN.

viernes, 5 de junio de 2020

AVISO IMPORTANTE

Queridas familias
O vindeiro mércores 10 de xuño, poderedes vir ao centro para recoller o material dos alumnos, os traballos de plástica e a  pandeireta de música.


Non esquezades traer para devolver as bolsas cos contos da biblioteca e a mochila viaxeira. A titora faravos a entrega do material de cada neno nunha bolsa.
No caso de non poder vir ningún familiar, podedes autorizar a outra persoa.
Estas normas de cumprimento son relativas a prevención fronte ao COVID-19, de acordo coa resolución do 10-05-2020 da Consellería de Educación:
- É necesario que só veña unha persoa por familia.
- Non poden asistir os nenos e nenas.
- É obrigatorio usar máscara e manter as distancias de seguridade.
- Non estarán permitidas as reunións de varias persoas no recinto escolar.
- O acceso á escola e o uso do patio non estará permitido.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

martes, 2 de junio de 2020

Os Animais Máxicos de Joan Miró

Os imaxinades como sería visitar unha granxa de moitos animais cun pintor famoso?
Como o xenial artista JOAN MIRÓ, que soñaba cando estaba desperto e pintaba universos rebosantes de criaturas máxicas....
As actividades que podedemos realizar e decorar a casa cos nosos debuxos, carteles de  diferentes animais que maís nos gustan, ..gatos, paxaros, tartarugas, cans, lagartixas con 4 ollos de moitas formas grandes, pequenos,abertos, pechados con  4 orellas,e 7 patas,,,deixade voar a vosa imaxinación ...Espero as vosas obras de Arte, animádevos a participar....