viernes, 5 de junio de 2020

AVISO IMPORTANTE

Queridas familias
O vindeiro mércores 10 de xuño, poderedes vir ao centro para recoller o material dos alumnos, os traballos de plástica e a  pandeireta de música.


Non esquezades traer para devolver as bolsas cos contos da biblioteca e a mochila viaxeira. A titora faravos a entrega do material de cada neno nunha bolsa.
No caso de non poder vir ningún familiar, podedes autorizar a outra persoa.
Estas normas de cumprimento son relativas a prevención fronte ao COVID-19, de acordo coa resolución do 10-05-2020 da Consellería de Educación:
- É necesario que só veña unha persoa por familia.
- Non poden asistir os nenos e nenas.
- É obrigatorio usar máscara e manter as distancias de seguridade.
- Non estarán permitidas as reunións de varias persoas no recinto escolar.
- O acceso á escola e o uso do patio non estará permitido.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario