domingo, 21 de junio de 2026

BO VERÁN!!

Hoxe, que comeza o verán, queremos desexar a toda a nosa comunidade educativa que pasen unhas felices vacacións.

A Xabier, que remata a etapa de educación infantil no CRA de Ribadumia, quero dicirlle que estou segura de que lle vai ir moi ben nesta nova etapa na Educación Primaria.

A Kelyan, que volve para Suíza, que desexo que o pase moi ben no seu novo colexio.

E a Hugo, Alma, Nerea, Ámbar e Abril, que desexo que volvan con moitas forzas para comezar o novo curso académico 2026-27.






sábado, 20 de junio de 2026

FESTA FIN DE CURSO

Onte, venres 19 de xuño, alumn@ e mestres do CRA de Ribadumia celebramos a festa de fin de curso en Sisán.

Durante a mañá xogamos nas randeeiras... 


Merendamos... 


Despois fixemos moitas actividades con Javi Solla.


E rematamos esta xornada coa actuación que @s nen@s prepararon coa mestra de música Olalla e o reparto de orlas para @s alumn@s que rematan a educación infantil no noso centro.



Da aula de Sisán, é Xabier o que vai comezar no curso 2026-27 no seu novo centro escolar de Primaria.

ÍMOSTE BOTAR MOITO DE MENOS XABIER!! 

miércoles, 17 de junio de 2026

domingo, 14 de junio de 2026

AS PALMEIRAS DE XABIER

Con catro froitas Xabier fixo as súas palmeiras.

Ademais de mandarina, plátano e kiwi, tamén utilizou uvas para simular os dátiles que son froitos desta árbore.

sábado, 13 de junio de 2026

XUNTANZA EN LEIRO

Este venres, 12 de xuño, alumn@s e mestras de todas as aulas xuntamos en Leiro para realizar diversas actividades.

Primeiramente xogamos (con bloques de madeira, clixo, cociñita, imanix...).






Despois viñeron Susi e Andrés de GOTAS (asociación pola diversidade social de Ribadumia) para contarnos a historia dun polo chamado Pío ( “familia significa familia” de Melissa Marr). Nel, o protagonista, nota que no primeiro día de escola aos seus amigos os acompañan a súa mamá e o seu papá. Pero el viven con dúas mamás, o que fai que a súa situación sexa diferente á doutros animais. Pero vai observar que as familias varían, algúns viven con un só papá, outros cos seus irmáns maiores… Por iso, dáse de conta de que cada familia é única, e que el está moi contento coa súa.




Cada nen@ fixo debuxou a súa familia.




A continuación merendamos.


E para rematar a mañá tivemos…

A visita do avó de Nico de Ribadumia A, que trouxo unha escavadora para que @s nen@s puideran subir  e tamén probar o casco e chaleco que poñen para traballar con ela.




MOITAS GRAZAS Á MAMÁ E AVÓ DE NICO!!

Festa da auga!!. Como facía moito calor @s nos@s alumn@s trouxeron os traxes de baño e pistolas e demais accesorios para xogar coa auga.



QUE BEN O PASAMOS!!