sábado, 13 de junio de 2026

XUNTANZA EN LEIRO

Este venres, 12 de xuño, alumn@s e mestras de todas as aulas xuntamos en Leiro para realizar diversas actividades.

Primeiramente xogamos (con bloques de madeira, clixo, cociñita, imanix...).






Despois viñeron Susi e Andrés de GOTAS (asociación pola diversidade social de Ribadumia) para contarnos a historia dun polo chamado Pío ( “familia significa familia” de Melissa Marr). Nel, o protagonista, nota que no primeiro día de escola aos seus amigos os acompañan a súa mamá e o seu papá. Pero el viven con dúas mamás, o que fai que a súa situación sexa diferente á doutros animais. Pero vai observar que as familias varían, algúns viven con un só papá, outros cos seus irmáns maiores… Por iso, dáse de conta de que cada familia é única, e que el está moi contento coa súa.




Cada nen@ fixo debuxou a súa familia.




A continuación merendamos.


E para rematar a mañá tivemos…

A visita do avó de Nico de Ribadumia A, que trouxo unha escavadora para que @s nen@s puideran subir  e tamén probar o casco e chaleco que poñen para traballar con ela.




MOITAS GRAZAS Á MAMÁ E AVÓ DE NICO!!

Festa da auga!!. Como facía moito calor @s nos@s alumn@s trouxeron os traxes de baño e pistolas e demais accesorios para xogar coa auga.



QUE BEN O PASAMOS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario