sábado, 29 de marzo de 2014

Cociña no Salón do Libro

Este fin de semana O SALÓN DO LIBRO ven cargado de actividades, cun obradoiro de cociña," Comendo Cores "os alumnos do Centro de Formación Profesional de Hostelería Carlos Oroza, elaboran unhas sinxela receitas basadas no libro titulado " SEMPRE TES QUE METER O NARIZ " de Xerais, e tamén con contacontos e sesións de cine. Unha boa opción para divertirse o fin de semana e visitar Pontevedra.

jueves, 27 de marzo de 2014

RECUNCHOS





Estos días de choiva que non podemos saír o recreo, quedamos na aula compartindo os xogos cos compañeiros, e axudando os maiores os máis pequenos.

martes, 25 de marzo de 2014

Pequeño Inuit








Moito nos gustóu o conto de Pequeño Inuit, donde nos conta as aventuras de tres irmáns, de como se vive nas zoas árticas, como visten, que animales hai, de que se alimentan, e como son as súas costumes....

jueves, 20 de marzo de 2014

Recuncho do Polo Norte







 O Polo Norte está situado no Oceáno Glacial Artico. E como fai moitísimo frío os esquimós viven en IGLÚS.
E donde o mar está cuberto por un casquete de xeo. Alí os esquimós alimentanse do que pescan.
Así de bonito nos vai quedando o recuncho do POLO NORTE cos osos polares e os esquimós.

sábado, 15 de marzo de 2014

Como eliminar os enfados. " O Segredo de Flora "

 Flora é a meniña protagonista, ten un segredo fantástico, é que aprendeu unhas palabras máxicas que a axudan a non sentir enfados nin ganas de pegar cando se enfurruña cos seus compañeiros.
 Gustóunos moito e todolos días cando nos enfadamos ou rifamos empezamos a recitala.

E SACUDIMOS AS MANS..1....2....3..
O ENFADO POLAS MANS.1.....2....3
O ENFADO POLOS PÉS.......1....2.....3
O ENFADO XA SE VAI.........1.....2....3
O ENFADO XA O BOTEI......1.....2.....3

" O SEGREDO DE FLORA " é un conto que consiste en atopar un modo de combater a VIOLENCIA, explicando así a nenos e nenas que é intolerable en todas as súas manifestacións.

lunes, 10 de marzo de 2014

O Noso libro de Disfraces




















En estos días de entroido, na nosa escola decidimos facer " O LIBRO DE DISFRACES ". Cada neno elixíu un traxe do que quería ir disfrazado, nel escribimos o noso nome, e tamén do disfraz, a ver si adiviñades quen é cada neno, nena.....

sábado, 1 de marzo de 2014

Festa de Entroido



















O venres celebramos a Festa de entroido en Leiro, tivemos moitas actividades o longo da mañán, bailes, talleres de plastilina, contacontos, xogos con paracaídas, visionado e unha merenda típica
de entroido, con filloas, biscoitos, rosquillas, orellas............todo estaba riquísimo.......Moitas grazas as familias dos nenos de 3 anos que nos convidaron a merenda. Este ano os nosos disfraces foron sobre Xapón que estivemos traballando no 1º trimestre.