Como agora ven a Pascua durante as vacacións de Semana Santa, a última receita deste 2º trimestre foi unha galiña.
miércoles, 25 de marzo de 2026
lunes, 23 de marzo de 2026
viernes, 20 de marzo de 2026
FEIXOA
Hoxe non choveu, como o venres pasado, e puidemos plantar unha árbore en homenaxe a Wangari.
Estamos desexando que a nosa feixoa medre e de froitos para poder degustalos.
HOXE COMEZA A PRIMAVERA!!
Estamos
tod@s moi contentos, xa que hoxe as 15:46 do mediodía empeza a primavera.
Nós, na aula de Sisán, xa quitamos a neve do inverno e vestimos a nosa árbore das estacións con follas e flores.
miércoles, 18 de marzo de 2026
FLORES
Como
este venres 20 de marzo comeza a primavera, a receita de esta semana son flores feitas
con amorodos, kiwi e queixo.
martes, 17 de marzo de 2026
OUTRA RECEITA QUE FAN NA CASA
A familia de Ámbar enviounos, ao noso correo electrónico, unhas fotos da súa nena elaborando a receita do barco.
QUE RICA MERENDA!!
COCIÑANDO COS AVÓS
A nai de Alma, enviounos ao correo da escola unhas fotos da súa filla facendo unha tortilla e un biscoito cos avós.
SEGURO QUE TODO ESTABA
RIQUÍSIMO!!
REFUXIOS PARA MORCEGOS
Na
aula de Sisán estivemos mirando que saíu unha noticia, no Diario de Arousa, de que ían
poñer refuxios para morcegos en Ribadumia. Esta iniciativa foi impulsada pola
Asociación Ideas de Bombeiro en colaboración co Concello.
Este
corredoiro ecolóxico, irá dende a rotonda de Os Castaños ao entorno do río Umia
con un total de 13 puntos de instalación nos que se distribuirán grupos de
entre tres e sete caixas.
Nós, estivemos mirando na pantalla dixital que hai moitos tipos de morcegos, pero que todos teñen algo en común que é que son esenciais para o medio ambiente xa que actúan como controladores naturais de pragas de insectos, polarizadores e dispersores de sementes.
Se
algunha das nosas familias se anima a facer este percorrido para ver os
refuxios con seus/súas fill@s, gustaríanos que enviaran algunhas fotos ao
correo da escola para observalos na aula.
miércoles, 11 de marzo de 2026
BARCO
Con pan, xamón cocido (que tamén pode ser peituga de pavo, de polo…), queixo en rebandas e de untar, podemos elaborar un riquísimo barco para a merenda.
ANIMÁDESVOS A FACELO!!
lunes, 9 de marzo de 2026
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O domingo,
8 de marzo, foi o día da Muller
Traballadora.
Esta
semana estamos facendo algunhas actividades para celebrar esta data dedicada a
conmemorar a loita das mulleres pola igualdade de dereitos, a súa participación
na sociedade e o seu desenvolvemento integro como persoas.
Na
aula de Sisán falamos de que, independentemente de que sexamos nenos
ou nenas, temos que respectarnos, compartir tarefas e ter todos as mesmas oportunidades.
A continuación miramos na pantalla dixital o conto “Wangari y los árboles de la paz”, que narra a verdadeira historia desta muller kenyana que ao ver o seu país deforestado, iniciou unha misión
para plantar árbores mobilizando ás mulleres e enfrontándose á oposición do
goberno. Por todo este labor que levou a cabo, recibiu o Premio Nobel da Paz.
Despois @s alumn@s escribiron o título deste conto e debuxaron a Wangari.
QUE BEN O FIXERON!!
E o
venres que imos a Leiro, se o tempo o permite, plantaremos no xardín unha
árbore en homenaxe a esta muller tan valente e loitadora.
























.jpeg)
.jpeg)























