Na
aula de Sisán estivemos mirando que saíu unha noticia, no Diario de Arousa, de que ían
poñer refuxios para morcegos en Ribadumia. Esta iniciativa foi impulsada pola
Asociación Ideas de Bombeiro en colaboración co Concello.
Este
corredoiro ecolóxico, irá dende a rotonda de Os Castaños ao entorno do río Umia
con un total de 13 puntos de instalación nos que se distribuirán grupos de
entre tres e sete caixas.
Nós, estivemos mirando na pantalla dixital que hai moitos tipos de morcegos, pero que todos teñen algo en común que é que son esenciais para o medio ambiente xa que actúan como controladores naturais de pragas de insectos, polarizadores e dispersores de sementes.
Se
algunha das nosas familias se anima a facer este percorrido para ver os
refuxios con seus/súas fill@s, gustaríanos que enviaran algunhas fotos ao
correo da escola para observalos na aula.


No hay comentarios:
Publicar un comentario