miércoles, 29 de noviembre de 2017

CUMPREANOS DE NEREA

 Hoxe celebramos o cumpreanos do mes de Novembro.
 Nerea coa axuda de Uxía e Hugo nos preparóu una deliciosa tarta de galletas.

Con moito coidado cubría as capas de chocolate.

 Para decorala con mandarina.
 E agora toca soplar as candeas, cantando CUMPREANOS FELIZ....

 !PARABÉNS NEREA!


Moitas grazas Nerea por esta tarta tan riquísimaaaaa.

lunes, 27 de noviembre de 2017

Perros

Na hora de ler, estes días estamos cun  libro das mascotas, que nos apasiona e sorprende.
Durante este curso imos participar en distintas modalidades do PLAN PROXECTA da Consellería de Educación.
1--- ALIMÉNTATE BÉN.
2--- VOLUNTARIADO MIÚDO. MÓVETE.

ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS


O 25 de Novembro é " O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ", e dende a nosa escola nos unimos para rechazar toda violencia e que sexa un espazo de respeto e tolerancia.

Dereitos dos Nenos







O Día 20 de Novembro se celebra  " O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA " e dende a nosa escola fixemos un debuxo có lema " Todos os nenos e nenas teñen dereito a ter unha casa e unha escola donde poidan ir....

viernes, 24 de noviembre de 2017

Flotan ou Afunden

 Hoxe na biblioteca de Leiro, seguindo cos experimentos da CIENCIA NA ESCOLA.
 Comprobamos que dentro da auga algún obxectos flotan e outros afunden.


 David e Hugo fixeron un experimento con dúas bolas de plastilina, ¿ FLOTAN OU AFUNDEN ?

 Observamos que a bola con forma de barco flota, e a outra bola redonda afunde, porque a forza da auga empuxa hacia arriba..

lunes, 20 de noviembre de 2017

IMAGINE

A Editorial Flamboyant , publicóu un novo albúm libro IMAGINE de Jhon Lennon y Yoko Ono.
 No seu lanzamento convocóu un concurso de debuxo, no que participa a nosa escola.
 Co lema " OS PAXAROS DO MUNDO ".

 Para que as nenas e nenos imaxinen un MUNDO DE PAZ, a través dos seus debuxos.


sábado, 11 de noviembre de 2017

CAPILARIDADE

 Experimento con mezcla de colorantes.
 Necesitamos 3 botes de cristal transparentes, papel de servilletas,auga e colorantes alimentarios.


 Botamos un pouco de auga , engadimos o colorante   e doblamos o papel para metelos nos botes

 Pouco a pouco esperamos como se van mezclando as cores, é impresionante.


Este experimento é por CAPILARIDADE, que consiste na propiedade física da auga cando vai absorvendo ben por capas.

viernes, 10 de noviembre de 2017

Como facer flotar unha pelota
















Hoxe na biblioteca descubrimos un novo experimento,  " COMO FACER SOPLAR UNHA PELOTA ", necesitamos un trozo de cartulina, unha palla e unha bola de papel plata tamaño dunha cereixa, algúns nenos non eran capaces de levantar a bola do cono, outros non soplaban o suficiente pola palla, e algúns mantiñan a bola soplando dentro do cono , descubrimos que si soplamos moi forte a bola cae e non a controlamos e si o facemos a modo a bola flota.