lunes, 27 de octubre de 2014

ABRACADABRA PATA DE CABRA

 Héctor que ten poderes máxicos.
 Iago cos se poderes quere atrapar a todos.
A Joel lle gusta a frase de ABRACADABRA



Ultimando os preparativos para a festa do Samaín, decorando a nosa aula e ensaiando as cancións.  

Arañas de postre

ARAÑAS DO SAMAÍN



No Obradoiro de cociña preparamos un postre para a festa de Samaín. pero con moita imaxinación ,con galletas de chocolate e virutas de cenoria, degustamos unhas riquísimas arañas. 

sábado, 25 de octubre de 2014

A cobaia de Lía e os periquitos de Jacobo

 Esta é Rosalía a mascota de Lía, este xoves todos lle queríamos tocar, pero estaba moi asustadiña.
 Agachábase entre o heno para pasar desapercibida, esta cobaia é moi bonita pero non se deixaba acariciar moito o corpo está cuberto de pelo de varias cores para manter a temperatura e non pasar frío.
 Nos países latinoamericanos de Bolivia,Ecuador e Perú son considerados animais de granxa e aproveitam a carne. Na maioría dos outros países as cobaias son animais de compañía.
 Estos simpáticos roedores son tamén coñecidos como "Coello de Indias ". todos queríamos darlle de comer a súa ración de pepino.
Tamén Jacobo nos trouxo a súa parella de lindos periquitos, teñen o piteiro curvado e son fáciles de domesticar, a femia chamase Melody e o macho Raio, son tan intelixentes como os loros.
Estas aves están moi difundidas como mascotas, xa que con estímulos podense adestrar para xogar coa xente que os coida diariamente, teñen un colorido moi bonito .
Grazas as familias pola colaboración.

Animais da Selva Amazónica










jueves, 23 de octubre de 2014

Froitas da Selva Amazónica





Hoxe un profe Rosana tróuxonos unha froita tropical de Surámerica, nativa dos países de Brasil, Colombia e Venezuela, con moitas sementes por dentro e a pel de cor marrón, coñecida como a froita da paixon,( maracuya), de sabor dulce e con moita augua, a verdade que nos gustóu a casi todos, haberá que repetir máis veces

ABRACADABRA PATA DE CABRA









Co gallo do Samaín continuamos disfrazados de bruxas-os  e decorando a nosa clase con cabazas e pantasmas, cantando o ritmo de " Cuando el reloj marca la 1, los esqueletos salen de la tumba.....

miércoles, 22 de octubre de 2014

Vasoiras para merendar

    Hoxe aproveitando que estamos no Samaín, no obradoiro de cociña preparamos unhas riquísimas vasoiras para a merenda, non quedóu nadiña, habrá que repetir na casa, estas vasoiras das bruxas tiñan poderes máxicos porque comémolas todas, todas......non quedóu ningunha de mostra.






ABRACADABRA. PATA DE CABRA

 Estos días estamos preparando a Festa do Samaín. Andrés foi o primeiro que quixo disfrazarse.
                              A  Xoel lle parece divertido levar sombreiro.                        
                              A  Lía non lle gustaba moito a idea de vestirse de bruxa.
                              Mateo estaba encantado de ser un bruxo bó.
                                Alvaro quería unha vasoira.
                                David sabía as palabras máxicas --" ABRACADABRA, PATA DE CABRA  ".
                             Brais non quería ser un bruxo por moito tempo.
                          A Ramiro gústanlle as bruxas boas, como " La brujita tapita ", que vivía nun tapón.....