lunes, 25 de mayo de 2020

Brais Cociñeiro


Hoxe a Brais tocoulle facer un riquísimo biscoito coa súa avoa.


Con moito coidado bateu os ovos coa fariña e engadiu o azucre..


                          Que saboroso ten que estar este biscoito!


Grazas a Brais, e a súa familia, por compartir connosco esta sobremesa tan deliciosa.

viernes, 22 de mayo de 2020

22 DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE



Hoxe 22 de Maio é o día da BIODIVERSIDADE.
Segundo as Nacións Unidas, defínense como a variedade de plantas, animais e microorganismos existentes dentro de cada especie. Como a variedade de cultivos e razas de ANIMAIS, e de ecosistemas ( lagos, bosques, desertos, campos agrarios...).
Debemos respectar o MEDIO AMBIENTE, xa que o ser humano é o principal causante da contaminación, da masiva explotación da caza e o cambio climático. Estos, son algúns exemplos desta perda de biodiversidade.


Recordade que sempre podemos facer algo, como consumir menos plástico , mercar produtos que non danen o medio ambiente,  sumarse ao comercio de proximidade.
Hai un montón de cousas que poden cambiar a túa vida e a da nosa madre terra...

QUE PODEMOS FACER PARA SER RESPETUOSOS CO NOSO PLANETA? 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR...

           

jueves, 21 de mayo de 2020

JOAN MIRÓ. OBRA AZUL

Nesta obra de Joan Miró destaca a cor azul que domina o cadro, e séguenlle  os puntos ata chegar a unha liña vermella ao lado esquerdo colocada en vertical...



Esta pintura tamén se coñece como "BLEU II"
É un tríptico creado en 1961, que forman un conxunto de pinturas de óleo en 3 partes. Coa presenza dominante do AZÚL que evoca o sentimento que produce o MAR MEDITERRÁNEO, mentres que os elementos negros e vermellos representan unha constelación, o sol, a lúa e as estrelas....que tanto lle gustan ao artista O UNIVERSO DE J. MIRÓ…
Animádesvos a pintalo?
Veña, que sodes uns artistas!
Espero os vosos traballos.

martes, 19 de mayo de 2020

PASEAMOS POLO CAMPO

Cando vaias ao campo, ao monte ou a praia, fíxate na natureza que hai ao teu redor. Tamén podes aproveitar para coller flores, cunchas, piñas...
Despois na nosa casa podemos facer un debuxo sobre o que observamos, ou colorear os obxectos que recollemos.


Moi importante "LEVAR A MÁSCARA".

domingo, 17 de mayo de 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Hoxe 17 de Maio celebramos o Día das Letras Galegas dun modo diferente.

Este vídeo foi feito con moito agarimo pola profe Lupe, e nel participaron todos os mestres, os nosos alumnos e as súas familias..

     GRAZAS  POR PARTICIPAR...



MOITAS GRAZAS PROFE LUPE!

jueves, 14 de mayo de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA . RICARDO CARVALHO CALERO

Esta semana conmemórase o "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" e o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. Este escritor, naceu en 1910 en Ferrol e, cando era pequeno pasaba o verán na casa da aldea onde había unhas pitas moi bonitas, e un galo con plumas brillantes e longas....

No relato “As pitas baixo a choiva” nárranos este feito anecdótico que lle aconteceu na súa infancia, no que descobre desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó galiñeiro… elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos.


Brais tamén ten unha pita que tivo pitiños, e gústalle moito coidar deles. Trátase dunha experiencia moi bonita… mirar cada día como se alimentan e a peculiar maneira que teñen de beber…


martes, 12 de mayo de 2020

EL ORO DEL AZUR

Brais segue traballando moito dende a súa casa. 
Mandounos o seu autorretrato, imitando como o faría JOAN MIRÓ...


 Tamén realizou a reprodución do cadro " EL ORO DEL AZUR ".
Trátase dunha obra  de cores fortes, onde ser dan todos os elementos que caracterizaron a etapa máis vangardista e surrealista do pintor, que sempre formaron parte das súas obras como son as estrelas, o sol, a lúa, a muller e o home, e o voo dun paxaro que atravesa de dereita a esquerda a pintura…, todo sobre un fondo amarelo onde resalta o azul.





MOI BONITO BRAIS!

IZAN E O SEU AUTORRETRATO


Xa temos o autorretrato de Izan, como un auténtico pintor este fin de semana 
rematou a súa obra...


lunes, 11 de mayo de 2020

CUMPREANOS DE BRAIS



Hoxe está de aniversario BRAIS...

CUMPRE 4 ANIÑOS!




MOITAS  FELICIDADEEEEES!

Os debuxos de Anás


 Que alegría hoxe tivemos noticias de ANÁS, dixo que nos botaba moito de menos. Canto nos alegramos o recibir as tuas fotos e  os teus debuxos!


 Pintou a casa de Joan Miró un día de primavera.




E tamén nos mandou  O AUTORRETRATO. Grazas por compartirlo con nós.

sábado, 9 de mayo de 2020

PREPARANDO O "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

Este ano, tamén imos conmemorar o "DÍA DAS LETRAS GALEGAS". Farémolo entre todos os nenos e nenas xunto coas familias e  o profesorado do C.R.A, pero dun xeito virtual.....
Queremos elaborar un vídeo musical có poema de ROSALÍA DE CASTRO.
ADIÓS   RÍOS, ADIÓS  FONTES
     ADIÓS   REGATOS   PEQUENOS ...


A música que utilizaremos de fondo será a versión que fixo Astarot. 


Podedes gravalo segundo a vosa creatividade: cantando, bailando en familia, etc.
Non podedes excedervos dun minuto, e tedes de prazo ata o xoves 14 de maio
Hai que enviarllo á profe LUPE de Música ao correo electrónico:
                                     musica.craderibadumia@gmail.com

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

viernes, 8 de mayo de 2020

ABECEDARIO DE J. MIRÓ

Bo día, a todos e a todas.
Para rematar a semana, imos xogar a escribir o noso nome e apelidos.
Pero para complicalo un pouquiño, intentaremos reproducir as letras como Joan Miró.


Cando aprendemos a ler, as letras, as palabras e as figuras forman parte dun marabilloso UNIVERSO aberto e libre de prexuízos, como tamén é o mundo dos nenos.  
O abecedario Miró introdúcenos, a través dunha linguaxe artística, neste estimulante aprendizaxe da lectura.
Despois de crear o nome e apelidos, podemos intentar facer o noso autorretrato.

miércoles, 6 de mayo de 2020

" EL COMIENZO DEL DÍA " . JOAN MIRÓ


Nesta pintura tanto as cores como as formas, que utiliza na maioría das súas obras, son moi rechamantes porque conectan cos máis pequenos fomentando o interese polo arte. 
O que representa é unha figura con estrelas, liñas e círculos en negro. 
Na asemblea cando preguntábamos,  ¿que ves no cadro? un neno dixo unha xoaniña, outros dous un marciano, unha nena un paxaro.....en familia podedes comentar que vos suxire a obra.


Seguen chegando as propostas do noso pintor que empezamos a traballar en marzo.
Mario pintóu " EL COMIENZO DEL DÍA"  utilizando principalmente as 3 cores primarias (vermello, amarelo e azúl), e tamén unha secundaria que é o verde.
Este cadro expresa un entusiasmo pola vida, cheo de enerxía e alegría.

CONCURSO: O QUE VES DESDE A TÚA XANELA



DENDE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PROPOÑEN UN CONCURSO BEN CHULO DE DEBUXOS EN LIÑA. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
PODEDES ATOPAR TODA A INFORMACIÓN NO ENLACE.



REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS

Reábrese o Proceso de Admisión para o novo alumnado.
Aquí tedes o calendario.

Para recoller ou entregar os papeis de solicitude de admisión:
Luns 11, mércores 13, venres 15 e luns 18 en horario de 9:00h. a 12:00h.

As listas provisionais de admitidos estarán antes do 9 de xuño.

As listas definitivas de admitidos antes do 26 de xuño.

Se queredes saber se estades admitidos nas listas provisionais e definitivas, tedes que chamar ao teléfono do C.R.A de Ribadumia que poñemos ao final desta entrada.

O prazo de matrícula será do 1 ao 10 de xullo.

Nos próximos días publicaremos, un documento con instrucións de cómo cubrir os papeis de admisión de alumnos.

Para calquera dúbida, podedes chamar ao teléfono da sede do C.R.A de Ribadumia:
666410195

Mario e as flores do Maio


 Ahora co bo tempo xa podemos saír a dar paseos polo campo, e como estamos no mes de maio, e este ano non puidemos celebrar no cole a festa dos maios, apañamos as frores silvestres que xa cubriron as leiras , para facer o noso maio particular.


  Tamén atopou un trébol de 4 follas, caramba ese é moi dificil de atopar.

  ¿ SABEDES QUE TEN UN SIGNIFICADO O TRÉBOL DE 4 FOLLAS?

   Cada folla representa un dos 4 componentes básicos da FELICIDADE.
    que son " ESPERANZA ", " FE ", " AMOR " e por último se asocia a " SORTE".

 

martes, 5 de mayo de 2020

IZAN PINTÓU "O PEIXE CANTANDO"


Sabedes que JOAN MIRÓ ten un cadro  que se titula "O PEIXE CANTANDO"?. Pois a Izan chamoulle moito a atención, porque esta pintura ten moitas cores e formas. El di que o cadro ten un peixe e que canta.
Penso que esta pintura, ten o poder de facer que as persoas que a contemplan estean felices, xa que mostra unha idea de ledicia e tamén que algo é posible, cando un peixe canta e baila a vez......


Cos pinceis e acuarelas, púxose coma un auténtico pintor a elaborar a súa obra.


IZAN ESTÁ XENIAL... ERES UN ARTISTA!!


lunes, 4 de mayo de 2020

JOAN MIRÓ

Bos días a todos e todas!
Comezamos con enerxía esta semana, con Joan Miró.

                                                             AUTORRETRATO
                                                                                                                                                                
Foi un pintor, escultor, gravador e ceramista español, considerado un dos máximos representantes do surrealismo. Nas súas obras reflectiu o seu interese polo subconsciente, o “infantil” e a cultura tradicional de Cataluña (xa que naceu en Barcelona).    
Hoxe propoñemos, primeiro ver o vídeo onde aparecen algunhas das súas pinturas máis destacadas e que pensedes cales gústanvos máis. E, a continuación, podedes realizar un debuxo del ou convertervos en pintores e imitar algunha das súas creacións.



ESTOU DESEXANDO VER AS VOSAS OBRAS! 
GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN! 

Clara e o seu Mastín


Clara nos mandóu unha foto co seu mastín que se chama Tigre, son moi cariñosos e inteligentes, teñen moitas cualidades. Unha das máis importantes é que son os mellores guardiá
ns que podamos ter con nós nas nosas casas.