jueves, 4 de junio de 2026

XEADO DE PALLASO

Como xa está preto o verán e fai calor, a receita desta semana é un xeado de pallaso. 

AQUÍ TEDES AS NOSAS RAS!!

Na aula de Sisán fixemos unha manualidade moi graciosa…

Unha ra que bota a lingua!!







OS PEIXES DE ÁMBAR

Aquí tedes os peixes que fixo Ámbar con rebandas de laranxa, cenoria, arandos e pebidas de chocolate.


IMOS MARISCAR!!

O martes 2 de xuño realizamos unha saída a Cambados para aprender a mariscar con Mary e Marta de Guimatur (asociación de mariscadoras e redeiras).

Primeiramente ensináronnos as casas dos mariñeiros e contáronnos que son para darlle cor utilizaban a pintura que lles sobraba de pintar os barcos.

Tamén vimos os hórreos que son unhas construcións que se utilizaban para gardar millo e outros produtos agrícolas. Como anécdota dixéronnos que as pedras grandes e planas que se poñen sobre os pés chámanse tornarratos, xa que evitan que os ratos poidan entrar dentro do piorno.

A continuación puxemos as botas, collemos cubos e palas e fomos a mariscar.

Despois de tanto traballar, merendamos e para rematar fomos a xogar a un parque de Cambados.


QUE BEN O PASAMOS!!

miércoles, 27 de mayo de 2026

PEIXES

Na receita desta semana aparecen peixes feitos con laranxa, amorodos, arandos,  cenoria e pebidas de chocolate.

QUE RICAS BOLBORETAS!!

 A cociñeira Ámbar fixo dúas bolboretas utilizando diferentes froitas.