viernes, 22 de mayo de 2015

Bolboretas de Sandía

 O xoves no obradoiro de cociña, preparamos para merendar bolboretas de sandía..
Aproveitando as distintas froitas de primavera.

 Fixemos unha merenda moi creativa.

 Utilizamos cereixas, plátanos, sandía, e melocotón.


 E unha actividade para facer na casa en familia.

Calendario de Velázquez






viernes, 15 de mayo de 2015

A Cara de Félix

No taller de cociña quixemos darlle a benvida a Félix, de volta a casa.
Cunha tortita de arroz fixemos a cara, para as orellas cortamos un plátano a mitade, a boca e o nariz usamos cacahuetes, e para os bigotes pauciños de pan..
Para facer os ollos utilizamos boliñas de chocolate.

A verdade que nos quedaron unhas caras de Félix moi ricas para merendar.
Algúns nenos repetiron varias veces,. e para beber un delicioso zume de laranxa que exprimimos na aula.

Había quen lle colocaba as orellas o revés, non é tan doado.
É unha actividade para facer en familia e disfrutar na casa como no cole.

Invento de Lía

Lía moi contenta fixo na súa casa coa axuda do seu pai, unha fermosa tartaruga chulísima, decorada con grans de millo.Grazas Lía

miércoles, 13 de mayo de 2015

Pintamos como Velázquez

 Con moito tino pintamos as caixas de madeira como Velázquez, cada neno elixíu unha cor diferente.
 Como facían os pintores para gardar os seus materiales, pinceles, brochas e espátulas.

E así de bonitiñas nos quedaron as nosas caixas de madeira.

viernes, 8 de mayo de 2015

Bañamos a Félix


Despois de tanta viaxe, Félix necesita un baño na bañeira amarela, con xabrón e esponxa para quitarlle a suciedade do deserto de Australia, de volta a casa.

miércoles, 6 de mayo de 2015

FÉLIX VOLTA A CASA

 Félix volta a casa, son as novas que recibiu Sofía que está moi excitada.¿ sabrá mamá canto tarda un avión jumbo en voar dende Australia ata Alemaña ?
A súa mascota estará sentado nun avión de dous pisos, voando por riba das nubes.
 Sofía sae correndo o xardín , alí a súa nai está collendo amorodos.
Bueno, un viaxe así dura o menos  20 horas.
 Sofía pregunta entón me da tempo para recoller a bañeira amarela para darlle un baño a Félix cando chegue a casa.


Ademáis pintaremos un cartel de BENVIDA para cando aterrice no aeroporto de Frankfurt.
Pero por ahora non se vé nin rastro de Félix cargado coa súa mochila vermella