viernes, 15 de mayo de 2015

A Cara de Félix

No taller de cociña quixemos darlle a benvida a Félix, de volta a casa.
Cunha tortita de arroz fixemos a cara, para as orellas cortamos un plátano a mitade, a boca e o nariz usamos cacahuetes, e para os bigotes pauciños de pan..
Para facer os ollos utilizamos boliñas de chocolate.

A verdade que nos quedaron unhas caras de Félix moi ricas para merendar.
Algúns nenos repetiron varias veces,. e para beber un delicioso zume de laranxa que exprimimos na aula.

Había quen lle colocaba as orellas o revés, non é tan doado.
É unha actividade para facer en familia e disfrutar na casa como no cole.

No hay comentarios:

Publicar un comentario