miércoles, 27 de noviembre de 2013

DEBUXO A MIÑA ESCOLA

Debuxamos a nosa escola 











Os Bolechas enviaronnos unha carta para debuxar o noso cole, e nos que somos uns artistas así de bonitiños nos quedaron.

martes, 26 de noviembre de 2013

Koinobori

 Para celebrar o Día dos nenos en Xapón, colganse nos tellados das casas unhas carpas voadoras---OS KOINOBORIS---
Según sexan os membros das familias, pai, nai, fillo-a......
Para celebralo saímos  o patio cos koinobori de distintas cores.
Mural na aula dos koinobori, que fixemos para levar a casa.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

Día dos Dereitos Da infancia

Hoxe celebramos o Día dos DEREITOS DA INFANCIA, como no conto da Editorial Blume.
 No que os nenos-as temos dereito a ter unha familia que nos queira, a ter  nome, tamén temos dereito a que nos curen nas enfermedades, todos os nenos-as temos dereito a educación.
Non debemos esquecer que no mundo hai 58 millóns de nenos sin escolarizar.
E sobre todo temos dereito a que nos protexan os adultos a vivir a salvo das catástrofes. E para celebrar este día fixemos un bonito mural...........
      -" LOS DERECHOS DE LOS NIÑOS "-
          SON EL PRESENTE
          PORQUE ES AHORA
          CUANDO SOMOS NIÑOS....

martes, 19 de noviembre de 2013

Iogur con noces

 O Luns tivemos un obradoiro de cociña, e a verdade que xa empezamos a ter algo de soltura.
 Fixemos batido de iogur con noces, os maiores axudaban os pequenos a abrir as tapas dos iogures, a  cascar as noces e quitarlles as cascas.


 A medida que as noces estaban limpas, botanse nun bote para despois engadir o azucre.
O mais enriquecedor de estar tres idades mesturadadas na aula, é observar como axudan os máis pequenos.
Todos  colaboramos


 O que máis nos gustóu foi batir os iogures coas noces e cacahuetes
 Todos queríamos cociñar debía ser polos recipientes novos de hello kity que viñeron de Xapón.

Repartimos os botes e a merendar ben sentadiños.

viernes, 15 de noviembre de 2013

Diccionario da Convivencia

A Fundación Meniños, por participar o curso pasado no Dicionario da Convivencia, baseada no Respecto a diversidade, na Igualdade en dereitos e responsabilidades.

                          Diccionario Da Convivencia
 A Fundación Meniños para cada neno do CRA, envióunos un bonito caderno coa portada de Pepe Carreiro autor dos Bolechas.


jueves, 14 de noviembre de 2013

Exposición dos nosos TERU TERU BOZU



Exposición dos nosos Teru Teru Bozu, que fixemos na casa coa axuda dos papás e mamás.

Así de bonitiños nos quedaron na nosa escola .

martes, 12 de noviembre de 2013

TRADICIÓN ORAL

 Os primeiros días de Novembro conmemórase a semana de TRADICIÓN ORAL, tódolos días igual que os anos anteriores, este mes imos dedicar a traballar as cancións, ditos, retahílas e xogos de rifar para botar sortes ou pandas.
 Empezamos con " DOCE  MESES  TEN  O  ANO "....

  A semana pasada o caderno viaxeiro xa comenzóu a súa andaina, para recopilar cada neno o seu dito coa   axuda da familia, grazas pola colaboración.                          
       

viernes, 8 de noviembre de 2013

As carpas de Leiro

 Hoxe puidemos saír o patio de Leiro, grazas a que estos días estivemos cantando a canción de TERU TERU BOZU, e houbo momentos nos que saíu o sol.
 Albert e Adriana foron os primeiros en darlle de comer as carpas, todos lle queríamos dar, pero somentes hai que darlle moi pouquiña cantidade.
 Agora temos que coidar o entorno do estanque entre todos, para que as carpas medren moito como as carpas koi que atopóu Félix en Xapón.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

TERU TERU BOZU

 Hoxe levamos para casa o TERU TERU BOZU.

 Como queremos que pare de chover, para poder saír o patio e o venres disfrutar do xardín en Leiro .
 Todos fixemos o TERU TERU BOZU, que é un boneco de Xapón que se usa como amuleto para que veña o bo tempo.
 É un boneco tradicional xaponés, que se fai con papel ou tela branca, para colgar nas fiestras nos días de choiva.

E o final todos cantamos o bo tempo....TERU  TERU  BOZU.....