miércoles, 27 de mayo de 2026

PEIXES

Na receita desta semana aparecen peixes feitos con laranxa, amorodos, arandos,  cenoria e pebidas de chocolate.

QUE RICAS BOLBORETAS!!

 A cociñeira Ámbar fixo dúas bolboretas utilizando diferentes froitas.


NOVA MANUALIDAD!!

Con cartolina, papeis de cores, adhesivos circulares e pallas reutilizadas, fixemos unha bolboreta que move as alas para voar.





Moitas grazas profe Olalla por axudarnos a facelas!!

SEGUIMOS CO NOSO CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2026-27

Xa quedan pouco para rematar o noso Calendario Escolar Curso 2026-27. Estes días estivemos facendo os meses de marzo, abril, maio e xuño. Xa descubrimos máis paxaros e lemos os contos relacionados con eles.




miércoles, 20 de mayo de 2026

BOLBORETA

A receita de hoxe son bolboretas. Trátase doutro insecto que podemos ver nos xardíns agora en primavera xa que, necesitan a enerxía do sol para voar e beben o néctar das flores que atopan nesta estación.

NÚMEROS

Estes días tamén estamos traballando a serie numérica ata o 10 e o trazo dos números.


domingo, 17 de mayo de 2026

QUE SAUDABLES EIRUGAS!!

Estas son as saborosas e saudables eirugas que realizaron Xabier e Ámbar. 




DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe, 17 de maio, é o Día das Letras Galegas.

Este ano 2026 a Real Academia Galega dedícallo a Begoña Caamaño que foi unha periodista, escritora e loitadora social.

Na aula de Sisán estivemos aprendendo moitas cousiñas sobre a súa vida e obra a través do libro “Begoña Caamaño. Pequena Biografía” da “Colección Mulleres Galegas”. Ilustrado por Tania Solla conta cunhas bonitas imaxes dela.

Despois realizamos algunhas das actividades que propón o Seminario Galán. Trátase dunha páxina onde podemos atopar actividades e recursos educativos sobre @s homenaxead@s, con motivo do Día das Letras Galegas.



Tamén participamos no Concurso das Letras Galegas organizado pola ANPA do CRA de Ribadumia. @s nen@s escribiron e realizaron debuxos sobre Begoña Caamaño e tamén cantigas e adiviñas en galego.







miércoles, 13 de mayo de 2026

EIRUGA

Esta semana a receita foi unha eiruga de froitas. Estes insectos son a forma xuvenil das bolboretas ou avelaíña.

sábado, 9 de mayo de 2026

CASIÑAS PARA PAXAROS

Con estamos elaborando Calendario Escolar 2026-27 de paxaros, decidimos facer casiñas para eles con material de refugallo.

Para confeccionalas utilizamos cartóns de leite, paus de madeira que pintamos, anacos pequenos de ramas e tapas de botellas de plástico.




Moitas grazas profe Olalla por axudarnos a facelas!!

O próximo venres que imos a Leiro, colgarémolas dalgunhas árbores. 

COÑECENDO PAXAROS

Estas semanas, grazas ao noso Calendario Escolar Curso 2026-27, seguimos coñecendo máis paxaros e lendo contos nos que son os protagonistas.