Hoxe, 17
de maio, é o Día das Letras Galegas.
Este ano 2026 a Real Academia
Galega dedícallo a Begoña Caamaño que foi unha periodista, escritora e
loitadora social.
Na aula de Sisán estivemos
aprendendo moitas cousiñas sobre a súa vida e obra a través do libro “Begoña Caamaño. Pequena Biografía”
da “Colección Mulleres Galegas”. Ilustrado por Tania Solla conta cunhas bonitas
imaxes dela.
Despois realizamos algunhas das actividades que propón o Seminario Galán. Trátase dunha páxina onde podemos atopar actividades e recursos educativos sobre @s homenaxead@s, con motivo do Día das Letras Galegas.
Tamén participamos no Concurso
das Letras Galegas organizado pola ANPA do CRA de Ribadumia. @s nen@s escribiron e realizaron debuxos sobre Begoña Caamaño e tamén cantigas e
adiviñas en galego.










No hay comentarios:
Publicar un comentario