jueves, 30 de abril de 2020

CONTACONTOS DE MARIO E VANESA SOBRE AS EMOCIÓNS

Mirade que bonito vídeo mandou Vanesa, a mamá de Mario, sobre “EL MONSTRUO DE COLORES”
Un contacontos no que Mario vai metendo en botes, fíos coa cor da emoción que vai xurdindo no libro.


XENIA MARIO E VANESA!  MOI BONITO!
Moitas grazas pola vosa colaboración.

GUÍA DE LECTURA DO UNIVERSO

Queridas familias hoxe remata un abril diferente, pero aínda así non podemos esquecer que foi “O mes do Libro”. Na nosa biblioteca, ZAPATOCAS ten algúns  contos e libros interesantes sobre o proxecto desde curso que é o Universo.
Aquí tedes está guía de lectura elaborada polas mestras Ángeles e Marta. 


Aquí está o conto de “LÚA” que tanto nós gustou.



As Emocións de Brais

Brais nos pon en orden as emocións. A ALEGRÍA .AMARELO.
                               O AMOR. ROSA
                                A RABIA .VERMELLO.
                                O MEDO. NEGRO.
                                A CALMA. VERDE.
                                A TRISTEZA. AZÚL.
Brais nos debuxóu O MONSTRUO DA RABIA, porque estaba un poco enfadado....

miércoles, 29 de abril de 2020

As Emocións de Izan


Mirade que fotos máis bonitas mandounos Izan, do traballo do 
"MONSTRUO DE COLORES".


Nestes días de tanta confusión e confinamento é moi importante non perder a calma. 


Izan e a súa irmá Lía comparten as súas actividades nestes días que están na casa.


martes, 28 de abril de 2020

A Primavera de Brais

 Que alegría onte recibimos noticias de Brais, e  Seguen chegando debuxos da Primavera moi bonitos
 Da gusto contemplar as árbores frutais cheas de flores, e dende as nosas casas contemplar a grandeza que nos ofrece A NATUREZA.
 A Primavera enchéu a casa de Brais de fermosas flores, que tanto nos gustan.
Graciñas Brais por compartir con nós estas fotos tan bonitas.

Mario Núñez Jorge ." Gaña o concurso do Concello "

Felicidades Mario polo debuxo tan laborioso que fixeches con goma eva para todas as persoas que, dun xeito altruísta, elaboraron as máscaras para todos os veciños e veciñas do municipio.



lunes, 27 de abril de 2020

EL MONSTRUO DE COLORES

Bos días e feliz inicio de semana!

Hoxe propoño traballar un pouco as emocións, para iso primeiro podemos ler o conto "El monstruo de los colores" e a continuación sacar fotos poñendo caras de diferentes emocións. Se queremos diante dun espello.
En clase o pasábamos moi ben con este xogo para traballar as emocións


Podemos facer tamén un debuxo do monstruo de cores e durante a semana traballar as emocións cada día, debuxando como nos sentimos e que cor lle corresponde.

Moitas grazas Familias!

viernes, 24 de abril de 2020

Fin Da Semana Do Libro



Hola a todas e a todos, aquí está o video que tiñamos preparado do noso teatriño de CARAPUCHIÑA VERMELLA, para conmemorar o DÍA DO LIBRO.  GRAZAS  pola vosa actuación, sodes uns artistas estupendos...

Izan tamén queda na casa


 Hoxe tivemos noticias de izan, compartindo actividades coa súa irmán Lía.



E axudando no xardín a recoller a herba...

Grazas Izan por compartir connosco!

PDF CON RECOMENDACIÓNS PARA A SAÍDA DOS NENOS

A partir de este domingo os nenos e nenas hasta 14 anos, poderán saír a dar paseos e a xogar unha vez ao día durante 1 hora nun entorno dun km como máximo arredor do seu domicilio. Irán acompañados por un adulto e deben respetar as medidas de distanciamento social.
No entorno rural pódese saír a pasear polo campo respectando tamén as medidas.
O que non se pode facer é, uso de parques nin xogos infantis en grupo.

Neste PDF da psicóloga Carmen Esteban, unha familia de osiños ensinan aos nenos e nenas como e cando van saír e que teñen que facer para protexerse do virus

                                        TODO VAI SAIR BEN!!



Pinchade AQUÍ se queredes descargar o PDF

¿ POR QUÉ EL BUHO SE ESCONDE DE DÍA ?

Hoxe, a profe Montse, remata a Semana do Libro co último conto de GIANNI RODARI

Por qué el búho se esconde de día

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, é o Día do Libro.


E para celebralo como se merece, aquí tedes o cuarto contacontos da profe Montse.

“El puente de cristal”



miércoles, 22 de abril de 2020

POEMA DA PRIMAVERA

CONTINUADE ENVIANDONOS FOTOS, DEBUXOS E OS VOSOS TRABALLOS......
Hoxe Clara mandounos un poema da primavera, que sempre cantamos no cole, e unha foto coa súa mascota......Grazas Clara.

TERCEIRO CONTO

E este é o terceiro conto, da profe Montse, co que seguimos conmemorando a Semana do Libro.
“La princesa y el sol”

lunes, 20 de abril de 2020

SEMANA DO LIBRO

Durante esta semana, para conmemorar o Día do Libro, a profe Montse 
vai facer un contacontos cada día. 
Utilizará contos de Gianni Rodari, xa que este ano celebramos 
o centenario do seu nacemento.
Aquí tedes os dous primeiros.
“El ratón y la gata”


“El sol, la luna, el viento y el cielo”


QUE BONITOS!
   

A Primavera de Mario

Mario nos mandóu un debuxo moi bonitiño das 2 cereixeiras que ten no seu xardín, pintóulle as árbores, que brotan en primavera con doas tonalidades flores blancas e rosas, para que fose secándose con moita paciencia, primeiro pintóu as árbores, despois as ramas, por último as flores.
 A Mario lle gusta moito xogar na súa hamaca....Grazas Mario .....

jueves, 16 de abril de 2020

A BAILARINA CLARA

Estefanía, a mamá de Clara, mandou este vídeo dela realizando a coreografía dunha canción.
Con este baila quere animar un pouco o noso confinamento.


QUE BEN BAILAS CLARA!

miércoles, 15 de abril de 2020

Estamos en Abril

 Despois dos días de vacacións de Pascua, comeza o terceiro trimestre, e xa estamos no mes de Abril, para seguir repasando as rutinas que facíamos no cole, diante dun calendario vamos tachando os días hasta chegar o día que estamos, empezando a contar os números 1, 2, 3, 4,5...e poñendo en vermello os días, sábado, domingo e festivos... despois miramos pola ventá para ver si fai sol,chuvia, nubes.....e comentamos que día fai hoxe. Despois que día da semana corresponde, luns ,martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo, e por último en que estación do ano estamos, si observamos as árbores notamos que xa é primavera ,como sempre mirábamos a través da ventá da nosa escola , como brotaban as flores rosa  que tanto nos gustan

E para darlle a benvida a PRIMAVERA , animádevos a facer un debuxo ou realizar un traballo de plástica , podedes  observar algunha árbore que xa ten flores, e mandar o correo  para compartir cos nosos compañeiros...

lunes, 13 de abril de 2020

FELIZ PASCUA




Brais pintou este fermoso ovo de Pascua para felicitar ós seus compañeiras e compañeiros.


Como estamos en tempo de Pascua, chegan as roscas e biscoitos das madriñas e padriños. Mario nos quere felicitar cunha manualidade de papel reciclado e un divertido ovo de Pascua onde prantou unha semente.




miércoles, 8 de abril de 2020

NOVAS DE BRAIS


Brais pintou este bonito debuxo do ARCO DA VELLA…

As 10 Gatiñas Viaxeiras



Aquí tedes o debuxo que fixo Clara do conto "10 gatiñas viaxeiras", que puxemos para conmemorar o día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Elas curiosas, rebuldeiras e intrépidas, van coas súas mochilas percorrendo toda Galicia...

O XOGO DE CLARA

Clara e o seu irmán, preparáronnos un creativo xogo de "TRES EN RAIA", con material reciclado de cunchas da praia para entreterse en familia estes días que temos que quedar na casa. Gracias Clara, por compartir con nós este xogo tan divertido....

sábado, 4 de abril de 2020

Mario cociñeiro


Mirade que Mickey Mouse máis rico preparou Mario para a súa merenda. Bo proveito!!

Temos noticias de Mario


Mario preparou co seu irmán Álvaro, un precioso arco da vella, onde nos manda moitos ánimos.









Tamén seguen aprendendo inglés, agora están coas partes do corpo...

miércoles, 1 de abril de 2020

Plataforma Dixital GaliciaLe



A Xunta de Galicia abre a todo o público o seu catálogo dixital con máis de 4500 obras. A través da plataforma GaliciaLe poderedes acceder en préstamo a todos os contidos dixitais da rede de Bibliotecas públicas de Galicia. Libros en galego, castelán, inglés e outros idiomas. Tamén obras audiovisuais galegas e todas as publicacións de 31 revistas. Para facelo tedes que entrar en GaliciaLe (deixamos abaixo o enlace) e rexistrarvos como usuario cubrindo os vosos datos persoais, e xa podedes ver todo o catálogo.


QUENLLA CON MATERIAL REUTILIZADO

Clara mandounos unha quenlla que fixo cun tubo de papel hixiénico. Ademais púxolle tamén un cordón que remata cun corazón de caramelo, para xogar ao “atrapa o…”.



QUE BONITO CLARA!