viernes, 25 de septiembre de 2020

Vamos a Leiro

Hoxe comenzamos as clases en Leiro, alí nos esperaba Zapatocas a mascota da biblioteca que este curso tamén leva unha máscara.
Como sabedes este curso non levamos un conto para casa, nin mochila viaxeira polo tema do virus, pero si podemos ler os contiños da biblioteca e tamén ver visionado deles.

 Durante a mañà realizamos diversas actividades.......

jueves, 24 de septiembre de 2020

AS MÁSCARAS DA ANPA





Hoxe levamos para casa as máscaras que nos obsequióu A  ANPA DO CRA DE RIBADUMIA. Moitas grazas pola vosa aportación para loitar entre todos contra o virus... 

Os Nosos Nomes










Unha actividade que nos gusta moito é coa pasta de modelar, para compoñer o noso nome e non esquecernos de ningunha letra... cada neno dispón do seu material xa que este curso non podemos compartilo... 

miércoles, 23 de septiembre de 2020

BENVID@ AO NOVO CURSO 2020-2021





Este curso para protexernos do virus xa temos interiorizado o lavado frecuente de mans con agua e xabón, e uso de gel hidroalcohólico para que a volta ás aulas sexa dunha maneira máis segura.

domingo, 20 de septiembre de 2020

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA DE MÚSICA DO CONCELLO DE RIBADUMIA


 O Prazo remata o 2 de Outubro.

Período de Adaptación

Esta semana xa rematamos o período de Adaptación.

Día tras día os meniños e meniñas xa se van adaptando ao ritmo da clase.

A nova alumna India adaptóuse moi ben aos compañeiros a escola e as rutinas da aula. 


 Este curso debemos cumplir a normativa covid do uso da máscara recomendable,a distancia de seguridade, material individual para non compartir, lavado frecuente de mans, uso de gel hidroalcoholico higienizante.... 

jueves, 17 de septiembre de 2020

VOLTA AO COLE











Estos primeiros días de cole estamos adaptando a nova situación con medidas de hixiene para protexernos do virus. Con moita ilusión e ganas de traballar este novo curso que comenza. 

jueves, 3 de septiembre de 2020

BENVIDOS AO CURSO 2020-2021



Este ano o inicio das clases vai vir marcado polas recomendacións sanitarias e será moi diferente ao dos anos anteriores. Dende a escola estamos traballando para cumprir cos protocolos que acaban de publicarse e ter todo listo dende o primeiro día nun entorno seguro. Nos vindeiros días poñerémonos en contacto con todas as familias por teléfono ou correo electrónico para informarvos de posibles novidades e aclarar dúbidas. Polo pronto lamentamos comunicarvos que a reunión fixada para o vindeiro 10 de setembro non poderá realizarse. As instrucións publicadas pola Conselleria establecen un comezo gradual como recolle a seguinte resolución:  http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_incorporacion_gradual.pdf


Este xoves 10 comenzarán os nenos e nenas de 3 e 4 anos e o venres 11 comenzaran  os nenos e nenas de 5 anos.
Pronto nos vemos. Os nenos de 3 anos en horario de 10 a 12 no período de Adaptación.