domingo, 27 de noviembre de 2016

viernes, 25 de noviembre de 2016

Obradoiro dos Sentidos. O Tacto

Hoxe na biblioteca de Leiro, traballamos no obradoiro do sentido do tacto.
                      QUE SERÁ,   SERÁ.....
Había que adiviñar tocando coas mans que era o que había dentro da caixa.
 Algúns nenos non se atrevían a meter a man porque tocaban algo con pelo, e outros repetían varias veces para adiviñar, e Mateo descubríu que se trataba dunha perruca.
  A través do tacto descubrimos --RUGOSO--LISO--.
 Tocando diferentes obxectos observamos--QUENTE--FRÍO--.
 Coa caixa observamos e tocamos --ÁSPERO--SUAVE--.
 Moi suave como a lá da bufanda.
 Tamén tocamos unha pelota --DURA-- E --BLANDA--.
Nos divertimos e descubrimos que a través do tacto os obxectos son diferentes a como se perciben cos outros sentidos.

miércoles, 23 de noviembre de 2016

Cumpleanos de Nerea

Hoxe celebramos o cumpleanos de Nerea.
 Con moita ilusión nos fixo unha deliciosa tarta de galletas con chocolate.
 Contóu coa axuda da súa irmán Uxía.
 Uh que rica decorada con mandarinas.

 Agora toca soplar as 4 candeas.
                  ¡     PARABÉNS  NEREA.....!

martes, 22 de noviembre de 2016

Andaina por Sisán

 Antes do recreo os días que están solleiros, continuamos  un percorrido polo recinto escolar.
 Xa nos custa menos camiñar e cada vez aumentamos uns metros máis .
Seguimos coa marcha " DAS ESCOLAS DA MILLA ".

sábado, 19 de noviembre de 2016

Obradoiro do sentido do Olfato










Cada venres continuamos co obradoiro dos sentidos, e esta vez tocoúlle " O OLFATO ".
por parellas había que adiviñar mediante o cheiro que alimento habia no bote, si era limón ou vinagre, laranxa ou cebola...
Como nos divertimos adiviñando cal era cada un, e como se aprecia de forma diferente en cada persona, así a pementa na maioría non lle gustaba o seu olor, en cambio a laranxa gustoúlles a todos,
tamén descubrimos si comemos chourizo e cheira algo mal o sentido do gusto fai rechazo a ese alimento. Porque o sentido do olfato e o gusto van relacionados.

viernes, 11 de noviembre de 2016

Obradoiro do Sentido do Gusto.












Hoxe na biblioteca tivemos un obradoiro da ciencia na escola, referente o " SENTIDO DO GUSTO ", primeiro miramos o vídeo didáctico - " El Gusto- " e a continuación probamos distintos alimentos para saber que sabor lle correspondía.
DOCE. - Gominolas e millo.
SALGADO- Olivas, Queixo, Gusanitos, Galletas Salgadas.
ÁCIDO- Limón, e Pomelo.
AMARGO- Pepino e Chocolate.