sábado, 30 de enero de 2016

Día da Paz

Na nosa aula estivemos traballando algunhas frases de MALALA, para traballar sobre a PAZ.






Día 30 de Enero.Día escolar de la no violencia y la Paz.
Coincidiendo con el aniversario de la muerte de Gandhi, el 30 de Enero se celebra EL DÍA ESCOLAR DE LA NO VIOLENCIA Y LA PAZ,.para conmemorar que haya PAZ en el mundo.

viernes, 29 de enero de 2016

Palmeira

 Como sabedes andamos a investigar sobre o proxecto das Illas Canarias.
E aproveitando que no contorno de San Xoán de Leiro atópase unha exemplar de palmeira canaria.
Hoxe cos nenos da escola de Leiro fixemos unha saída para ver de cerca este exemplar vexetal..
No chan había as támaras que son os frutos das palmeiras, o principio son de cor verde e cando maduran son de cor amarelo-laranxa.
As palmeiras son excelentes hábitat para moitas especies da aviafauna, xa que os mirlos,corvos, gorrións e tórtolas......fan os seus niños nelas.

 As támaras teñen forma ovoide, con sabor amargo e pouca pulpa.Usábanse como forraxe do gando.

 A s palmeiras é unha das especies vexetais máis representativas do Arquipiélago canario.
A palmeira canaria é unha especie moi lonxeva e as súas follas teñen forma de pluma de ave.

Calendario Escolar


martes, 26 de enero de 2016

Preparando o mural da Paz. Malala Yousafzai

 Estos días estamos preparando o mural do día da Paz dedicado a MALALA YOUSAFZAI .
 Unha xoven paquistaní  coñecida pola defensa da educación femenina no seu país.
 E  foi víctima dun atentado que casi acaba coa súa vida.
Malala foi premio Nobel da PAZ en 2014.

miércoles, 20 de enero de 2016

Cumpleanos de Andrés e Uxía

                                                         PARABÉNS  PARA TI     ANDRÉS.
                                                        PARABÉNS  PARA TÍ    UXÍA.











Hoxe celebramos os cumpleanos de Andrés e Uxía, que nos prepararon unha exquisita tarta de chocolate, decorada con amorodos.....e todos os compañeiros disfrutamos moito desta festa.

sábado, 16 de enero de 2016

Zapatocas en Canarias




O venres na biblioteca escolar, a nosa mascota ZAPATOCAS nos deixóu unha nova carta, neste trimestre vai a visitar as ISLAS CANARIAS, e da man da mascota comezamos un novo proxecto.

Xaneiro 2016




Xa comenzamos o segundo trimestre e tamén comenzamos unha nova estación O INVERNO.

sábado, 9 de enero de 2016

Agasallos de Papá Noel, Apalpador e os Reis Magos.

 O xoves cando voltamos a escola que sorpresa máis grata, as nosas cartas que escribimos  no mes de decembro tiveron resposta.
 O Apalpador nos truxo un castelo de madeira con princesas, cabaleiros, dragóns....
Papá Noel tamén nos quixo deixar unha caixa rexistradora .
 E Os Reis Magos Como son máxicos nos deixaron varios xogos e unha casiña de bonecas, e un parking para os coches.