Mostrando entradas con la etiqueta EU QUEDO NA CASA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EU QUEDO NA CASA. Mostrar todas las entradas
jueves, 18 de junio de 2020
BOLETÍNS DO 3º TRIMESTRE
Xa podedes consultar os boletíns informativos do tercer trimestre dos alumnos a través da aplicación Abalar: https://play.google.com/store/apps/details?id=es.xunta.edu.abalarmobil
lunes, 15 de junio de 2020
JOAN MIRÓ. GUÍA DE LECTURAS
AQUÍ TEMOS A GUÍA DE LECTURAS, DA BIBLIOTECA DE LEIRO, QUE FIXO A PROFE ÁNGELES SOBRE O PINTOR DAS ESTRELAS JOAN MIRÓ.
lunes, 8 de junio de 2020
Os Animais Máxicos de Brais
Aquí temos os traballos de Brais.
Como un Miró de pequeniño, pintóu os animais que máis lle gustan...
Debuxou o pitiño de amarelo,marrón e vermello... O peixe de azul e laranxa...
Cantas obras!
Grazas Brais por estos animais tan máxicos...
domingo, 7 de junio de 2020
CUMPREANOS DE IZAN
HOXE ESTÁ DE CUMPREANOS IZAN
CUMPRE 4 ANIÑOS.......
MOITAS FELICIDADES!!!!!!!!!
Izan mandóunos as fotos coa súa familia, celebrando o seu aniversario.....
Que torta exquisita de amorodos!
Pola tarde volvéu a celebralo cos seus amigos. Para esta ocasión prepararon a torta que facemos na escola de galletas e chocolate que tanto nos gusta....
PARABÉNS PARA TI..........IZAN....
viernes, 5 de junio de 2020
AVISO IMPORTANTE
Queridas
familias
O
vindeiro mércores 10 de xuño, poderedes vir ao centro para recoller o material
dos alumnos, os traballos de plástica e a pandeireta de música.
Non
esquezades traer para devolver as bolsas cos contos da biblioteca e a mochila
viaxeira. A titora faravos a entrega do material de cada neno nunha bolsa.
No
caso de non poder vir ningún familiar, podedes autorizar a outra persoa.
Estas
normas de cumprimento son relativas a prevención fronte ao COVID-19, de acordo coa
resolución do 10-05-2020 da Consellería de Educación:
- É
necesario que só veña unha persoa por familia.
-
Non poden asistir os nenos e nenas.
- É
obrigatorio usar máscara e manter as distancias de seguridade.
-
Non estarán permitidas as reunións de varias persoas no recinto escolar.
- O
acceso á escola e o uso do patio non estará permitido.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
martes, 2 de junio de 2020
Os Animais Máxicos de Joan Miró
Como o xenial artista JOAN MIRÓ, que soñaba cando estaba desperto e pintaba universos rebosantes de criaturas máxicas....
As actividades que podedemos realizar e decorar a casa cos nosos debuxos, carteles de diferentes animais que maís nos gustan, ..gatos, paxaros, tartarugas, cans, lagartixas con 4 ollos de moitas formas grandes, pequenos,abertos, pechados con 4 orellas,e 7 patas,,,deixade voar a vosa imaxinación ...Espero as vosas obras de Arte, animádevos a participar....
lunes, 25 de mayo de 2020
Brais Cociñeiro
Hoxe
a Brais tocoulle facer un riquísimo biscoito coa súa avoa.
Con
moito coidado bateu os ovos coa fariña e engadiu o azucre..
Que saboroso ten que estar este biscoito!
Grazas a Brais, e a súa familia, por compartir
connosco esta sobremesa tan deliciosa.
viernes, 22 de mayo de 2020
22 DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE
Hoxe
22 de Maio é o día da BIODIVERSIDADE.
Segundo
as Nacións Unidas, defínense como a variedade de plantas, animais e
microorganismos existentes dentro de cada especie. Como a variedade de cultivos
e razas de ANIMAIS, e de ecosistemas ( lagos, bosques, desertos, campos
agrarios...).
Debemos
respectar o MEDIO AMBIENTE, xa que o ser humano é o principal causante da
contaminación, da masiva explotación da caza e o cambio climático. Estos, son algúns
exemplos desta perda de biodiversidade.
Recordade
que sempre podemos facer algo, como consumir menos plástico , mercar produtos
que non danen o medio ambiente, sumarse ao comercio de proximidade.
Hai
un montón de cousas que poden cambiar a túa vida e a da nosa madre terra...
QUE PODEMOS FACER PARA SER
RESPETUOSOS CO NOSO PLANETA?
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR...
jueves, 21 de mayo de 2020
JOAN MIRÓ. OBRA AZUL
Nesta
obra de Joan Miró destaca a cor azul que domina o cadro, e séguenlle os puntos ata chegar a unha liña vermella ao
lado esquerdo colocada en vertical...
Esta
pintura tamén se coñece como "BLEU II"
É un
tríptico creado en 1961, que forman un conxunto de pinturas de óleo en 3
partes. Coa presenza dominante do AZÚL que evoca o sentimento que produce o MAR
MEDITERRÁNEO, mentres que os elementos negros e vermellos representan unha
constelación, o sol, a lúa e as estrelas....que tanto lle gustan ao artista O
UNIVERSO DE J. MIRÓ…
Animádesvos
a pintalo?
Veña,
que sodes uns artistas!
Espero os vosos traballos.
martes, 19 de mayo de 2020
PASEAMOS POLO CAMPO
Cando vaias ao campo, ao monte ou a praia, fíxate na natureza que hai ao teu redor. Tamén podes aproveitar para coller flores, cunchas, piñas...
Despois na nosa casa podemos facer un debuxo sobre o que observamos, ou colorear os obxectos que recollemos.
Moi importante "LEVAR A MÁSCARA".
domingo, 17 de mayo de 2020
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Hoxe 17 de Maio celebramos o Día das Letras Galegas dun modo diferente.
Este vídeo foi feito con moito agarimo pola profe Lupe, e nel participaron todos os mestres, os nosos alumnos e as súas familias..
GRAZAS POR PARTICIPAR...
MOITAS GRAZAS PROFE LUPE!
jueves, 14 de mayo de 2020
AS PITAS BAIXO A CHOIVA . RICARDO CARVALHO CALERO
Esta
semana conmemórase o "DÍA
DAS LETRAS GALEGAS" e o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero.
Este escritor, naceu en 1910 en Ferrol e, cando era pequeno pasaba o verán na
casa da aldea onde había unhas pitas moi bonitas, e un galo con plumas brillantes
e longas....
No
relato “As pitas baixo a choiva” nárranos
este feito anecdótico que lle aconteceu na súa infancia, no que descobre desde
a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó
galiñeiro… elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban
mollados como pitos.
Brais
tamén ten unha pita que tivo pitiños, e gústalle moito coidar deles. Trátase dunha
experiencia moi bonita… mirar cada día como se alimentan e a peculiar maneira
que teñen de beber…
martes, 12 de mayo de 2020
EL ORO DEL AZUR
Brais
segue traballando moito dende a súa casa.
Mandounos o seu
autorretrato, imitando como o faría JOAN MIRÓ...
Tamén realizou a reprodución
do cadro " EL ORO DEL AZUR ".
Trátase
dunha obra de cores fortes, onde ser dan todos os elementos que caracterizaron
a etapa máis vangardista e surrealista do pintor, que sempre formaron parte das
súas obras como son as estrelas, o sol, a lúa, a muller e o home, e o voo dun
paxaro que atravesa de dereita a esquerda a pintura…, todo sobre un fondo amarelo onde resalta o azul.
MOI BONITO BRAIS!
lunes, 11 de mayo de 2020
Os debuxos de Anás
sábado, 9 de mayo de 2020
PREPARANDO O "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"
Este
ano, tamén imos conmemorar o "DÍA
DAS LETRAS GALEGAS". Farémolo entre todos os nenos e nenas xunto coas
familias e o profesorado do C.R.A, pero
dun xeito virtual.....
Queremos
elaborar un vídeo musical có poema de ROSALÍA
DE CASTRO.
ADIÓS
RÍOS, ADIÓS FONTES
ADIÓS REGATOS
PEQUENOS ...
A música
que utilizaremos de fondo será a versión que fixo Astarot.
Podedes gravalo segundo a vosa creatividade: cantando, bailando en familia, etc.
Non podedes excedervos dun minuto, e tedes de prazo ata o xoves 14 de maio.
Hai que enviarllo á profe LUPE de Música ao correo electrónico:
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
viernes, 8 de mayo de 2020
ABECEDARIO DE J. MIRÓ
Bo día, a todos e a todas.
Para rematar a semana, imos xogar a escribir o noso nome e apelidos.
Pero para complicalo un pouquiño, intentaremos reproducir as letras como Joan Miró.
Cando aprendemos a ler, as letras, as palabras e as figuras forman parte dun marabilloso UNIVERSO aberto e libre de prexuízos, como tamén é o mundo dos nenos.
O abecedario Miró introdúcenos, a través dunha linguaxe artística, neste estimulante aprendizaxe da lectura.
Despois de crear o nome e apelidos, podemos intentar facer o noso autorretrato.
miércoles, 6 de mayo de 2020
" EL COMIENZO DEL DÍA " . JOAN MIRÓ
Nesta
pintura tanto as cores como as formas, que utiliza na maioría das súas obras,
son moi rechamantes porque conectan cos máis pequenos fomentando o interese
polo arte.
O
que representa é unha figura con estrelas, liñas e círculos en negro.
Na asemblea
cando preguntábamos, ¿que ves no cadro? un neno dixo unha xoaniña, outros
dous un marciano, unha nena un paxaro.....en familia podedes comentar que vos
suxire a obra.
Seguen
chegando as propostas do noso pintor que empezamos a traballar en marzo.
Mario
pintóu " EL COMIENZO DEL DÍA" utilizando
principalmente as 3 cores primarias (vermello, amarelo e azúl), e tamén unha
secundaria que é o verde.
Este
cadro expresa un entusiasmo pola vida, cheo de enerxía e alegría.
CONCURSO: O QUE VES DESDE A TÚA XANELA
DENDE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PROPOÑEN UN CONCURSO BEN CHULO DE DEBUXOS EN LIÑA. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
PODEDES ATOPAR TODA A INFORMACIÓN NO ENLACE.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)











































