miércoles, 15 de abril de 2020

Estamos en Abril

 Despois dos días de vacacións de Pascua, comeza o terceiro trimestre, e xa estamos no mes de Abril, para seguir repasando as rutinas que facíamos no cole, diante dun calendario vamos tachando os días hasta chegar o día que estamos, empezando a contar os números 1, 2, 3, 4,5...e poñendo en vermello os días, sábado, domingo e festivos... despois miramos pola ventá para ver si fai sol,chuvia, nubes.....e comentamos que día fai hoxe. Despois que día da semana corresponde, luns ,martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo, e por último en que estación do ano estamos, si observamos as árbores notamos que xa é primavera ,como sempre mirábamos a través da ventá da nosa escola , como brotaban as flores rosa  que tanto nos gustan

E para darlle a benvida a PRIMAVERA , animádevos a facer un debuxo ou realizar un traballo de plástica , podedes  observar algunha árbore que xa ten flores, e mandar o correo  para compartir cos nosos compañeiros...

No hay comentarios:

Publicar un comentario