O
martes 2 de xuño realizamos unha saída a Cambados para aprender a mariscar con
Mary e Marta de Guimatur (asociación de mariscadoras e redeiras).
Primeiramente ensináronnos as casas dos mariñeiros e contáronnos que son para darlle cor utilizaban a pintura que lles sobraba de pintar os barcos.
Tamén
vimos os hórreos que son unhas construcións que se utilizaban para gardar millo
e outros produtos agrícolas. Como anécdota dixéronnos que as pedras grandes e
planas que se poñen sobre os pés chámanse tornarratos, xa que evitan que os
ratos poidan entrar dentro do piorno.
A continuación puxemos as botas, collemos cubos e palas e fomos a mariscar.
Despois de tanto traballar, merendamos e para rematar fomos a xogar a un parque de Cambados.
QUE BEN O PASAMOS!!


.jpeg)
.jpeg)


No hay comentarios:
Publicar un comentario