viernes, 17 de octubre de 2014

Animais do Amazonas

 O noso recuncho da temática do Amazonas sigue aumentando, Alvaro nos trouxo información dos animais que alí viven.
Héctor e David o fin de semana axudan a súa mamá no coidados e alimentación dunha cría de papagaio, que ten un bonito plumaxe e alegran moito o ambiente co seu trinar, estas aves atópanse en perigo de extinción no Amazonas debido a caza, os furtivos e tamén a deforestación da selva.

 Xeila trouxo unha tartaruga acuática, pertece a familia dos reptiles de sangre fría , poñen ovos e respiran aire, as tartarugas son animais que se remontan a máis de 180 millóns de anos, necesitan coidados para o seu desarrollo e ter o caparazón en bo estado.
Por eso Félix na súa carta nos manda que temos que coidar e respetar os animais e ser responsables con eles.

1 comentario:

  1. Que ben o pasan no cole! Da gusto ver como se divirten mentres aprenden tantísimas cousas!!!

    ResponderEliminar