sábado, 15 de marzo de 2014

Como eliminar os enfados. " O Segredo de Flora "

 Flora é a meniña protagonista, ten un segredo fantástico, é que aprendeu unhas palabras máxicas que a axudan a non sentir enfados nin ganas de pegar cando se enfurruña cos seus compañeiros.
 Gustóunos moito e todolos días cando nos enfadamos ou rifamos empezamos a recitala.

E SACUDIMOS AS MANS..1....2....3..
O ENFADO POLAS MANS.1.....2....3
O ENFADO POLOS PÉS.......1....2.....3
O ENFADO XA SE VAI.........1.....2....3
O ENFADO XA O BOTEI......1.....2.....3

" O SEGREDO DE FLORA " é un conto que consiste en atopar un modo de combater a VIOLENCIA, explicando así a nenos e nenas que é intolerable en todas as súas manifestacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario