miércoles, 8 de abril de 2026

SAÍDA A PONTEVEDRA

Hoxe tivemos unha saída escolar a Pontevedra para ver, no Auditorio de Afundación, a obra “Vuelaplumas” de Periferia Teatros. 

Esta representación cóntanos a historia dun paxaro que, despois de vivir toda a súa vida nunha gaiola, descubre a liberdade de voar.

Trátase dunha proposta escénica que combina monicreques, música e moita poesía, coa que se pretende fomentar o respecto e a conexión coa natureza. 









No hay comentarios:

Publicar un comentario