miércoles, 27 de febrero de 2013

Rolo vexetal

 Coas leitugas do invernadoiro que plantamos en Leiro, fixemos un rolo vexetal para merendar.
 Entre todos fomos lavando as follas da leituga, para despois cortalas en cachiños.
 Para facer o rolo é moi doado sobre unha base de biscoito, engadimos queixo de untar, xamón cocido, atún, queixo en lonchas e leituga ben cortadiña, que fomos cortando cada neno.



 
Mirade que rolo máis saudable.
Con moito coidado enrolamos o biscoito para non rompelo, e deixámolo envolto nun film ata a hora da merenda.
Todos xuntos merendamos, algúns quitaban atún, outros xamón... pero algúns nenos gustóulles moito e repetiron outra vez.
Unha receita moi saudable para probar na casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario