viernes, 27 de febrero de 2026

PASAPALABRA DE ROSALÍA DE CASTRO

O luns 23 de febreiro, con motivo da celebración do día do nacemento de Rosalía de Castro, @s nen@s levaron para facer en familia un “pasapalabra” sobre a vida e obra desta escritora galega.

Como agasallo por participar nesta proposta, levan unha chapa do “pasapalabra”. 




jueves, 26 de febrero de 2026

miércoles, 25 de febrero de 2026

MOUCHO

Esta semana, como gustounos moito a canción que fixo Migallas baseada no poema “Eu ben vir estar o moucho” de Rosalía de Castro, decidimos facer un moucho como receita.

lunes, 23 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe conmemoramos o nacemento da poetisa e novelista galega Rosalía de Castro.

Para celebralo xa escribimos a receita do seu “caldo de Gloria” , que aparece como se prepara no seu poema “Miña casiña, meu lar”.

Tamén, para lembrar este día, fixemos un marcapáxina cunha rosa que é a reina indiscutible da súa obra, xa que aparece en moitos dos seus poemas.







Lemos o conto "Miña casiña, meu lar", que conten os versos de Rosalia de Castro. Nel, describe a loita pola supervivencia dos máis necesitados, a avaricia dos podentes, e tamén toda a alegría por vivir e superar as adversidades da muller protagonista cociñando un humilde caldo de gloria e un bolo de pote.

Está ilustrado por Blanca Millán.

Cantamos “Eu ben vin estar o moucho”, ao que lle puxo música o grupo Migallas. 

Realizamos o quebracabezas coa súa cara.

E @s nen@s levaron para casa un pasapalabra con preguntas sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.

ESTAMOS DESEXANDO VER CANTAS ACERTAN!!

Recibirán un agasallo por participar nesta proposta!!

domingo, 22 de febrero de 2026

FACENDO FILLOAS

 A mamá de Alma, mandounos unhas fotos da súa filla axudando a facer filloas á avoa.

QUE COCIÑEIRA!!

CANTAS COUSAS APRENDEMOS COAS AVOAS E AVÓS!!

OUTRA RECEITA!!

Aquí tedes a Ámbar facendo a receita do boneco de neve.


QUE RICO!!

viernes, 20 de febrero de 2026

ESTRELAS DE MAR

Hoxe Nerea trouxo á escola para ensinar aos seus compañeiros, dúas pequenas estrelas de mar.

Estivo explicándonos que atopounas a súa avoa cando recollía mexillóns.

Como os venres realizamos as actividades escolares en Leiro, tamén quixo que @s nen@s desta aula as viran.

Como curiosidade destes animais mariños, estivemos contando que teñen a capacidade de rexenerar as súas extremidades cando as perden. Non é só que cicatricen, senón que reconstrúen por completo a estrutura funcional delas.

jueves, 19 de febrero de 2026

CALDO DE GLORIA

Como o luns 23 celebramos o nacemento da escritora galega Rosalía de Castro, escribimos como se prepara o seu “Caldo de Gloria”.

Esta receita, explicounos como se elaboraba no seu poema “Miña casiña, meu lar”.

sábado, 14 de febrero de 2026

FESTA DO ENTROIDO

Onte, 13 de febreiro, tivemos a festa do Entroido.

Vimos disfrazados das estacións, trasnos e animais do bosque…




E fixemos moitas cousas durante a mañá...

Veu Matrácala, que veu para realizar co noso alumnado un taller de instrumentos de percusión realizados con materiais reciclados.

Realizamos xogos moi divertidos.


Para repoñer forzas, merendamos riquísimos doces típicos do Entroido que trouxeron as familias.


Puidemos realizar un pequeno desfile pola rúa un ratiño que non choveu, e para rematar bailamos todos xuntos

QUE BEN O PASAMOS!!

jueves, 12 de febrero de 2026

ANTEFACES

Esta semana @s nen@s de Sisán levaron para casa un anteface que fixeron reutilizando pratos de cartón e pauciños de madeira.



Temos que dar as grazas á mestra Olalla por axudarnos a realizar todas estas manualidades.

QUE BONITAS QUEDARON!!