domingo, 30 de noviembre de 2025

QUE ÁRBORE MÁIS RICA!!

Antes de escribir a receita sempre miramos outra forma de facela na pantalla dixital, xa que pode que non teñamos na casa todos os ingredientes da nosa.

Pois aquí temos a Xabier, que xunto coa súa familia, enxeñaron outra maneira de realizar a árbore de Nadal.

sábado, 29 de noviembre de 2025

PARABÉNS ÁMBAR!!

Hoxe, 29 de novembro de 2025, é o aniversario de Ámbar.

Aínda que está de vacacións, @s compañeir@s e mestra de Sisán desexámoslle un feliz día.


viernes, 28 de noviembre de 2025

UN VENRES CHEO DE ACTIVIDADES!!

Hoxe tivemos unha xornada en Leiro chea de actividades...

Contamos o conto “No todos somos iguales”, que quere transmitirnos que debemos querernos tal e como somos e querer aos demais sexan como sexan.


Fixemos unha chapa para conmemorar o mes da ciencia.


Escribimos palabras fermosas que promovan o respecto e a igualdade, e despois pegámolas nunha árbore que vai representar todo o que desexamos que pase entre as persoas.

Para celebrar o mes da ciencia, tivemos un obradoiro de experimentos con David do equipo de Arenaria. Son un grupo de oceanógrafos que queren fomentar a curiosidade polo mundo no que vivimos e proporcionar as ferramentas para entender os desafíos que enfronta o noso Planeta).





Recibimos a visita de Marta Ortiz, que puxo en escena o seu espectáculo de “Coser e Cantar”. Con fío, agulla e dedal iniciamos unha viaxe nun taller de costura, onde unha nena escoita contos, coplas e cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. Puidemos percorrer con ela mundos onde os fíos falan e as caixas de costura abren as portas da fantasía.


QUE BEN O PASAMOS!!

miércoles, 26 de noviembre de 2025

ÁRBORE DE NADAL

Esta semana a receita é unha árbore de Nadal elaborada con mandarina, granada e pauciños salgados.

martes, 25 de noviembre de 2025

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional contra a violencia de xénero.

Na aula de Sisán, estivemos falando do importante que é aprender a coidar, respectar e valorar ás persoas.

Despois miramos na pantalla dixital un precioso conto de Susanna  Isern títulado “Ponte en mi lugar”. Nel, un grilo crúzase con varios amigos, unha mañá que está saltando polo campo. Cada un deles esta empeñado en solucionar un problema, pero el réstalle importancia a todas esas preocupacións. Pero pola noite, cando se prepara para dar o seu concerto nocturno, descubre que as cordas do seu violín están rotas. Os seus amigos ofreceranlle a súa axuda para cambialas por outras, xa que entenden que para el tocar o violín e moi importante. Así e como comprende que debería haberlles botado unha man tamén a eles, para cooperar tamén na resolución das súas inquietudes.

Esta historia fala sobre a empatía, unha cualidade moi importante para poder vivir e relacionarse cos demais. Por iso, debemos ser amables e axudar a quen o necesite. 

 

Despois de ver este conto @ nen@s pensaron palabras que representen a “non violencia”, escribíronas  e repasáronas con rotuladores.

A continuación creamos a cor lila utilizando vermello, azul e branco. Con ela, pintamos as palmas das mans, e despois premémolas sobre un papel branco para crear a súa impresión.

Coloreamos os números que compoñen o 25 e a letra ene do mes de novembro, que é a data desta conmemoración.


Para rematar, pegamos todo nunha cartolina para elaborar un mural.