domingo, 28 de septiembre de 2025

jueves, 25 de septiembre de 2025

ESTOS SON OS MONSTROS D@S NEN@S DE SISÁN!!

Reutilizando pinzas, e coa axuda da mestra Olalla,

 fixemos uns monstros chulísimos!!

Primeiramente pintaron as pinzas do color que máis lles gustaba. 

Despois, unha vez que secaron, pegáronlle os ollos.

A continuación puxéronlle os brazos utilizando limpa pipas.

E para rematar os pelos con la.

QUE BONITOS QUEDARON!!

GRAZAS PROFE OLALLA!!

miércoles, 24 de septiembre de 2025

OURIZOS DE UVAS

Esta semana a receita que escribimos, para elaborar nas casas, foi “ourizos de uvas”.

QUE RICOS TEÑEN QUE ESTAR!!

domingo, 21 de septiembre de 2025

XA TEMOS FOTOS DOS COCHES DE UVAS!!

As nosas familias xa enviaron fotos da receita dos coches de uvas que fixemos na escola.




Como podían facelo coas froitas que máis lles gustaran, aquí temos outro coche elaborado con mazá e plátano.

MIRADE QUE BONITOS QUEDARON OS COCHES!!

QUE RECEITA MÁIS RICA E SAUDABLE!!

jueves, 18 de septiembre de 2025

LAPISEIRO

 Hoxe fixemos un lapiseiro con material de refugallo.

Para a súa realización utilizamos tubos de papel hixiénico, unha caixa de zapatos de cartón para os círculos da base, anacos de papeis de cores que tiñamos gardados e adhesivos de corazóns e estrelas.









 QUE BONITOS QUEDARON!!

Animamos a todos a que garden as caixas de cartón, tubos de papel hixiénico, tapóns de botellas de cores… A todas estas cousas podemos darlle unha nova vida.

miércoles, 17 de septiembre de 2025

COCHES DE UVAS

Hoxe escribimos unha receita de coches de uvas.

Puxemos o seu nome e o dos ingredientes que temos que ter para realizala.

Os /as alumnos/as levárona para casa para elaborala en familia.

Estamos desexando ver fotos do bos cociñeiros son, e tamén saber se lles gustou.

lunes, 15 de septiembre de 2025

PARABÉNS NEREA!!

Hoxe, 15 de setembro, está de aniversario Nerea.

XA FAI 4 ANOS!! QUE MAIOR!!

Coa axuda da mestra, fixo unha coroa elixindo as cores da mesma e que cousiñas poñerlle para decorala.

Despois, cantámoslle cancións para felicitala en castelán, galego e inglés.

E, para rematar, os seus compañeiros debuxárona e escribíronlle unha felicitación para que puidera levar todas para a súa casa de recordo de este feliz día.


lunes, 8 de septiembre de 2025

COMEZAMOS O CURSO 2025-26

Queremos dar a benvida, neste curso 2025-26, ás nosas familias e nenos/as de Sisán e tamén a toda a comunidade educativa do CRA de Ribadumia.

A través deste blog, amosaremos algunhas das cousiñas que imos ir facendo na aula.