jueves, 24 de noviembre de 2011

O APALPADOR

Estos días estamos traballando co conto do APALPADOR, que é un personaxe navideño que baixa o día de nadal a tocarlle a bariguiña aos nenos, para ver se comeron ben durante o ano, deixándolles unha morea de castañas e algúns xoguetes de madeira que el fai. 
 Hai algunhas cancións populares relacionadas con este personaxe para que os máis pequenos, ante a  chegada do apalpador vaian pronto para a cama.


Na aula de Sisán, todos os nenos, escribíronlle unha carta ao Apalpador para que lles deixara na escola algúns dos bonitos xoguetes de madeira que el fai.

No hay comentarios:

Publicar un comentario