miércoles, 7 de diciembre de 2011

CREBACABEZAS DO APALPADOR



Hoxe seguimos traballando sobre o apalpador, e investigamos que moito antes que os PAÍSES NÓRDICOS importasen a PAPÁ NOEL,en Galicia xa habitaba a figura mítica do APALPADOR. Na pizarra dixital estivemos en grupos de dous construíndo moitos crebacabezas....... O APALPADOR é moi lambeteiro por eso os nenos lle deixan un calcetín ou zapato con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando as casas de todos os nenos Tamén gústanlle os xoguetes feitos a man de madeira ou feitos de barro,porque son repectuosos co medio ambiente e non contaminan.E como estamos preparando a FESTA DE NADAL todos os nenos da clase estos días estamos pensando en algún XOGUETE SOLIDARIO...                                        

No hay comentarios:

Publicar un comentario