jueves, 18 de abril de 2013

O coelliño de angora

O coelliño de angora da profe Marina veu de visita a nosa escola, o principio estaba asustado, pero como falamos baixiño, foi collendo confianza e gustoulle o noso cole.

Todos queríamos tocalo porque é moi suave, e as uñas non rabuñan.

Carmela pensaba que era un peluche porque estaba quietiño.
Lucía quería levalo para casiña, porque é un coelliño tranquilo.

Como saíu o sol demóslle a merenda no patio, encántalle as zanahorias.

O coelliño de angora necesita algúns coidados para que non se poña enfermo, hai que vacunalo e desparasitalo, e unha alimentacion a base de heno e vexetales. O noso coelliño ten 5 anos. Como lle gustóu a nosa compañía outro día volverá a visitarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario