lunes, 20 de mayo de 2013

FESTA DOS MAIOS

 O xoves celebramos a Festa dos Maios, en Leiro, outro ano máis non puidemos subir o Monte do Castro, para ver as últimas escavacións arqueolóxicas, por mor da chuvia.
Así que houbo tempo para realizar todos os talleres, na biblioteca leron diferentes contos.
Despois con moito traballiño algúns mais que outros a coser as cadenetas para confecionar o maio.
 Os maiores xa son expertos na arte da costura.

 Enseguida se remataron as cadenetas entre todos para adornar o noso maio.


Mirade que bonito quedóu grazas o traballo da profe Angeles e Ana.

 O grupo Arlequín nos deleitóu coas cancións de " O xogo da carrasquiña ", O Pirimpimpim". A saia de Carolina ", e para rematar " A Rianxeira ".
Grazas a todas as familias pola vosa colaboración para confecionar o Maio un ano máis e a actuación do grupo Alecrín por deleitarnos coa súa música e cancións tan fermosas nesta festa tradicional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario