sábado, 4 de junio de 2016

CONVIVENCIA 2016

 O xoves 2 de xuño, os nenos@s maiores do CRA , un ano máis fomos ao CPI JULIA BECERRA MALVAR.
 Para coñecer como será o noso cole de primaria, pasámolo fenomenal, fixemos un montón de actividades.
As profes tiñannos preparados xogos de presentación, para coñecer os novos compañeiros.
Tamén tivemos na biblioteca un contacontos moi especial.



 Merendamos todos xuntos para repoñer forzas.

A hora do recreo compartimos cos nenos maiores do cole, no campo de fútbol.


 Nos divertimos bailando na clase de música.

 E co profe de Educación física fixemos xogos moi divertidos con varias pelotas.

 E de agasallo os nenos do CPI obsequiarónos cunha medalla que eles mismos fixeron.
Máis tarde chegóu a hora de despedirnos e fixemos todos xuntos unha foto panorámica da convivencia. Foi un día moi divertido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario