lunes, 5 de febrero de 2018

Vamos a mariscar a Cambados

O venres dentro do Plan Proxecta tivemos una saída a Cambados.
 Alí nos estaban esperando a Asociación Cultural das mulleres do Mar.


Na Praia de Serrido as mariscadoras nos enseñaron como elas traballan e os aperos que utilizan.
 Así que cos nosos rastrelos e botas empezamos a mariscar.



 había que fixarse ben no tamaño, e para eso utilizase o calibre así os que non dan a talla non se collen.

 O sabor da Aventura está no Mar.


 Enseguida conseguimos una medida de ameixas.

 Miguel enseguida enchéu o seu cubo..
 
 Recibimos un agasallo para todos os nenos.
 E Os Arroases nos invitaron a unha merenda mariñeira, hamburguesa de choco que estaba riquísima, e empanada de polvo.

 E por último visitamos  a lonxa, donde tivemos una sorpresa, o papá de Miguel.

Rematada a visita volvemos o cole hasta seguinte aventura DOS ARROASES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario