jueves, 30 de octubre de 2025

MAGOSTO-SAMAÍN

Hoxe, xoves 30 de outubro, celebramos a festa do Magosto-Samaín.

As familias trouxeron cabazas decoradas nas casas e tamén castañas, carozos e piñas que estiveron asaran algúns/algunhas membros da ANPA.

Durante a mañá fixemos moitas cousas:

-Desfile de disfraces, onde mestras e nen@s desfilaron e contáronnos de que ían disfrazados.

-Obradoiro da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia. Tocaron algunhas cancións e ensináronnos como soan os instrumentos de vento-metal. Despois, cada alumn@ tivo a oportunidade de intentar facelos soar. É bastante complicado, xa que para que produzan son hai que soprar aire e facer vibrar os labios na súa boquilla, ao mesmo tempo. Pero, como verdadeiros músicos, foron capaces de facelo.



-Realizamos o paseo do terror que preparou o ANPA.

-Merendamos riquísimos doces que elaboraron as familias nas casas.



-Veu a bruxa Ermelinda para preparar unha apócema máxica.

-@s nen@s bailaron unha canción que ensaiaron na aula de música coa mestra Olalla.



-Sabela e Carlos do grupo “Martiña Soñadora”, que viñeron grazas á ANPA, fixéronnos desfrutar e bailar coa súa música.


Mirade que guap@s estaban, para esta festa, @s nen@s de Sisán!!



Queremos dar as GRAZAS á Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia e á ANPA do CRA de Ribadumia pola súa colaboración e axuda, e tamén ás familias pola súa presenza e aportacións para celebrar esta festa.

miércoles, 29 de octubre de 2025

CESTIÑOS PARA AS CASTAÑAS

Estes días estivemos facendo os cestiños nos que @s nen@s levarán as castañas da festa do Magosto-Samaín, para degustar nas casas.

Para a súa elaboración utilizamos, como material de refugallo, cartóns de leite e follas de xornais.

Primeiramente os forramos con papel de periódico e despois os pintamos de negro.

A continuación pegamos cartolina laranxa imitando a cara dunha cabaza e para rematar un cordón para poder levalos.




Na  base do cestiño puxemos o nome d@ nen@ que o fixo e as pegatinas coas letra que ten nel, deste xeito cada un/unha saberá cal é o seu.   



lunes, 27 de octubre de 2025

domingo, 26 de octubre de 2025

MÁIS RECEITAS DE SAMAÍN

Xa temos fotos das vasoiras de bruxa!!

TORTILLA DE PATACAS

Alma esta fin de semana estivo de cociñeira e fixo, coa súa nai, unha tortilla de patacas.

Aquí tedes as fotos, que quixo compartir connosco, do proceso de elaboración.

QUE RICA E SAUDABLE RECEITA!!

viernes, 24 de octubre de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro, é o Día das Bibliotecas.

Para celebralo, @s nen@s levan para as casas unha guía con contos sobre as estacións. Despois de mirala, estivemos lendo algún dos contos incluídos nela.

Tamén fixemos, coa axuda da mestra Olalla, uns marcapáxinas cos nomes dos alumn@s.



Tamén temos outra conmemoración moi importante hoxe: O Día Internacional Contra o Cambio Climático

A terra estase quentando demasiado rápido, e está nas nosas mans evitalo realizando accións sinxelas como reciclar, aforrar auga e enerxía, plantar árbores, utilizar de abono o compost… con todo isto, podemos axudar a reducir a contaminación e a manter o noso Planeta san para todos.

jueves, 23 de octubre de 2025

A NOSA ÁRBORE DE OUTONO

Na aula de Sisán pintamos, con pintura marrón e esponxa, o tronco e ramas dunha árbore.

A mestra colleu follas dunha árbore que se pon preciosa no outono, con follas amarelas, vermellas e laranxas, e que se chama liquidámbar.

Na escola prensamos as follas durante unha semana, meténdoas no medio de contos e poñéndolle un peso enriba.

Para rematar, @s nen@s foron pegándoas na árbore.





O que imos facer é, ir cambiándoa a media que vaian pasando as estacións.