viernes, 17 de octubre de 2025

VOLTA AO COLE POLA LEUCEMIA

Hoxe, en Leiro, participamos coa profe Malú na volta ao cole pola leucemia de Unoentrecienmil. Esta iniciativa, está destinada a impulsar proxectos de investigación contra esta enfermidade.

Con esta carreira chea de diversión e compañeirismo estaremos dando esperanza a algúns nen@s, que hoxe poderán volver ao cole grazas aos avances en investigación.

Dimos algunhas voltas correndo, e para complicalo un pouco a profe Malú púxonos obstáculos polo percorrido de equilibrio, saltar, pasar po debaixo, meternos en rodas…

Tamén, nunha das voltas, os maiores déronlle a man aos máis pequenos para axudalos.










QUE VEN O PASAMOS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario