Hoxe,
xoves 30 de outubro, celebramos a festa do Magosto-Samaín.
As
familias trouxeron cabazas decoradas nas casas e tamén castañas, carozos e piñas que estiveron asaran algúns/algunhas membros da ANPA.
Durante
a mañá fixemos moitas cousas:
-Desfile
de disfraces, onde mestras e nen@s desfilaron e contáronnos de que ían disfrazados.
-Obradoiro
da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia. Tocaron algunhas cancións e ensináronnos como
soan os instrumentos de vento-metal. Despois, cada alumn@ tivo a oportunidade
de intentar facelos soar. É bastante complicado, xa que para que produzan son
hai que soprar aire e facer vibrar os labios na súa boquilla, ao mesmo tempo.
Pero, como verdadeiros músicos, foron capaces de facelo.
-Realizamos
o paseo do terror que preparou o ANPA.
-Merendamos
riquísimos doces que elaboraron as familias nas casas.
-Veu a bruxa Ermelinda para preparar unha apócema máxica.
-@s
nen@s bailaron unha canción que ensaiaron na aula de música coa mestra Olalla.
-Sabela
e Carlos do grupo “Martiña Soñadora”,
que viñeron grazas á ANPA, fixéronnos desfrutar e bailar coa súa música.
Mirade que guap@s estaban, para esta festa, @s nen@s de Sisán!!
Queremos dar as GRAZAS á Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia e á ANPA do CRA de Ribadumia pola súa colaboración e axuda, e tamén ás familias pola súa presenza e aportacións para celebrar esta festa.

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario