martes, 7 de octubre de 2025

TRABALLAMOS OS NOMES

Na aula de Sisán, levamos varias semanas traballando os nomes de todos @s nen@s da escola.

Buscamos e coloreamos o de cada compañeir@. Aquí, algunhas veces, coa dificultade de que está escrito con outro tipo de letra que non é a maiúscula.

Miramos por que letra empeza e remata e coloreámolas.

Contamos cantas letras ten, buscamos o número e pintámolo. Por se algún alumn@ non sabe como se escribe ese número, temos na parte de abaixo da folla as grafías do 1 ao 10 para contar e ver como se fai.

E tamén, debuxamos a/o nos@ compañeir@, para traballar a representación o seu esquema corporal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario