viernes, 24 de octubre de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro, é o Día das Bibliotecas.

Para celebralo, @s nen@s levan para as casas unha guía con contos sobre as estacións. Despois de mirala, estivemos lendo algún dos contos incluídos nela.

Tamén fixemos, coa axuda da mestra Olalla, uns marcapáxinas cos nomes dos alumn@s.



Tamén temos outra conmemoración moi importante hoxe: O Día Internacional Contra o Cambio Climático

A terra estase quentando demasiado rápido, e está nas nosas mans evitalo realizando accións sinxelas como reciclar, aforrar auga e enerxía, plantar árbores, utilizar de abono o compost… con todo isto, podemos axudar a reducir a contaminación e a manter o noso Planeta san para todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario