O curso
pasado, no mes de marzo, a mestra Marta trouxo insectos pau para a aula de natureza.
Ata
final de curso, estivemos dándolle de comer, limpándolle a súa casiña , vendo como medraba, como poñían ovos e tamén como morrían ao rematar o seu ciclo de vida.
Como
tiñamos moitos ovos, a familia de Carmen de Ribadumia B, levounos durante o
verán para que puideran eclosionar.
Onte trouxeron
moitísimos insectos pau que naceron, para que cada escola puidera levar algúns nun
terrario e que así mestras e alumn@s os coidaran.
Na aula de Sisán estivemos enchendo a base do terrario de terra para que haxa máis humidade, que é o que eles necesitan para vivir.
Despois algúns/algunhas nen@s atrevéronse, e deixaron que os insectos pau andasen polas súas mans.
MOITAS GRAZAS FAMILIA DE CARMEN
POR COIDALOS TAN BEN!!

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario