martes, 20 de enero de 2026

DÍA DO PINGÜÍN

Hoxe, 20 de xaneiro, é o día do Pingüín.

O ministerio de defensa, cada ano comeza a “Campaña Antártida” para apadriñar pingüíns, focas, lobos e elefantes mariños. Esta misión especial, quere que estes animais sexan como un símbolo do coidado do medio ambiente e do compromiso por un Planeta máis limpo e sa.

Como queríamos apadriñar un, para conmemorar o seu día, primeiramente eliximos entre o Papúa, Barbijo, Adelia e Macaroni. 

O escollido foi o Macaroni, co seu peinado punk de plumas amarelas e que ten a peculiaridade de saltar entre as rochas como un acróbata. 

Despois, cada nen@ pensou un nome para el…

A sorteo collemos un, que foi LUCAS.

ç

A continuación cubrimos uns datos para enviar. Entre eles, o nome que lle puxemos e a razón de querer apadriñar. 

E XA MANDARON AO CORREO

O NOSO DIPLOMA DE APADRIÑAMENTO!!

Despois estivemos aprendendo a debuxar un pingüín de forma fácil.





No hay comentarios:

Publicar un comentario