Este
xoves, ao volver das vacacións de Nadal, atopámonos con regalos. Non sabemos se
os deixou Papá Noel ou os Reis Magos, pero estamos moi contentos por ter
xoguetes novos. Non foron moitos, pero estivemos falando e chegamos á conclusión de que hai moit@s
nen@s e teñen que repartir e dar máis aos que teñen poucos.
NÓS TEMOS MOITÍSIMOS!!
Unha
das cousas que trouxeron foron números imantados para o taboleiro magnético.
Así, o encargado pode contar as letras magnéticas do seu nome e buscar e poñer
ao lado o número, xogar a facer secuencias numéricas, contar obxectos con imán
e poñerlle o número correspondente…
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario