jueves, 4 de diciembre de 2025

AS NOSAS ÁRBORES DE NADAL

Na aula de Sisán fixemos dúas árbores de Nadal…

Unha para a porta da aula usando distintos tipos de papeis para manualidades (Kraft de cor verde, cartolinas metalizadas, onduladas e decoradas para os regalos) e tamén goma eva brillante.

E outra, para poñer na parede, utilizando cartón e figuras de Nadal que tiñamos doutros cursos (bastóns, renos de feltro, estrelas…).

A QUE QUEDARON BONITAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario