jueves, 11 de diciembre de 2025

SEGUEN AS FALCATRUADAS DO ELFO PEPE

Esta semana seguiu facendo trasnadas o elfo Pepe…

O martes para escoller un conto, que tiñamos que ler, tirou todos os da biblioteca pola aula.

CANTO TRABALLAMOS PARA RECOLLELOS TODOS E POÑELOS NO SEU SITIO OUTRA VEZ!!

O mércores estaba metido no baño no medio de papel hixiénico, que pintou simulando un boneco de neve. Tamén deixounos porexpan branco para cambiar, e poñer de inverno, a nosa árbore da biblioteca.

ESTABA MOI GRACIOSO!!

O xoves contounos que os bonecos da aula estaban cansados das súas falcatruadas e do ruído que facía cando as argallaba. Por iso decidiron poñelo pegado á porta do baño con cinta para que non se movera.


TODOS ESTABAN AO REDOR OBSERVÁNDOO!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario