jueves, 18 de diciembre de 2025

ÚLTIMA SEMANA DO ELFO PEPE NA AULA DE SISÁN

Este luns, cando chegamos á escola, atopámonos con que Pepe fixo unha festa esta fin de semana e deixou as cadeiras tiradas polo chan. Para que os bonecos que o puxeron con cinta adhesiva na porta do baño non o molestaran, empaquetounos con papel de aluminio. A el, e a unha boneca que se sumou a súa festa, encontrámolos durmindo enriba da mesa coas batas de escola de Nerea e Abril.


  

NON TEN PARADA!!

O martes, deixou moitos bloques de construción enriba das mesas, e a el atopámolo metido nunha caixa coa cabeza dentro e as pernas fora. Na carta dicíanos que quería que cada nen@ fixera unha figura con eles e despois as puxeran todas enriba dun moble para poder ver el o bonitas que eran.



 SEGURO QUE LLE GUSTAN MOITO!!

QUEDARON CHULÍSIMAS!! 

O mércores colleu témpera liquida de cor marrón e escribiu na mesa bos día e tamén puxo unha cara sorrinte.  Na carta que deixou poñía que lle gusta moito agochar cousas, e que por iso tiñamos que buscar por todo o colexio 6 botes de témpera que escondeu.

 



ESTABAN POR TODOS OS SITIOS!!

ATOPÁRONOS TODOS!!

O xoves xa non o estaba no colexio, e díxonos na súa carta que tivo que marchar para axudar a Papá Noel cos regalos, e que volvería o próximo Nadal de 2026. 

Soamente atopamos a impresión do seu corpo en fariña.

IMOS BOTALO DE MENOS!!

BOA VIAXE ELFO PEPE!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario