jueves, 4 de diciembre de 2025

CHEGOU O ELFO TRAVESO

O luns cando chegamos á escola atopámonos na biblioteca, debaixo da árbore do outono, con isto…

Así que, abrimos a carta e descubrimos que era o elfo traveso que veu a Sisán para vixiar se nos portamos ben e tamén para divertirse connosco facendo falcatruadas. Tamén poñía que, como non tiña nome, quería que entre todos @s nen@s elixiran un para el.

O ESCOLLIDO FOI PEPE

O martes, fixo a súa primeira trasnada que foi encher de cinta adhesiva a porta da escola para que tiveramos que entrar e saír as agachadas…



E ASÍ ESTIVEMOS TODA A MAÑÁ!!

O mércores escondeu as seis bonecas que temos por toda a escola e tivemos que buscar para atopalas…

COSTOUNOS UN POUCO!!

O xoves colleu todas as letras magnéticas e tirounas por toda a aula. Antes de facelo, puxo o seu nome con elas e escribiunos que quería que buscaramos as dos nosos nome e que despois os deixaramos todos para que el puidera comprobar que estaban ben. Tamén mandounos recoller as letras que sobraban, e poñelas nas súas caixiñas.

O venres librámonos das súas travesuras xa que imos a Leiro e el non sae de Sisán, xa que vai ser a súa casa ata as vacacións de Nadal.

ESTAMOS DESEXANDO VER QUE FAI A VINDEIRA SEMANA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario